Estamos xa mergullados no espíritu do Nadal. Os peques non paran de falar dos agasallos que lle van pedir a Papá Noel, xa me contaron os que puxeron a árbore ou os que van poñer estes días que non hai cole e, claro, aquí tamén estamos xa empezando coa decoración que sempre nos transmite emocións positivas. Nós, na Pementeira, estamos facendo tamén algunhas cousiñas pero imos a modiño así que xa vos irei mostrando nos vindeiros días gran parte do traballo que estamos a facer. Para empezar estivemos pintando unhas folliñas de acebo, que é unha árbore moi fermosa e moi relacionada co Nadal. Non todos/as as remataron porque estes últimos días hai varias baixas na aula e aí andamos, intentando non perder o ritmo e ao mesmo tempo esperando con ganas que todos os nenos e nenas volvan canto antes.



.jpeg)

.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario