Empeza a conta atrás! xa non queda nadiña para dar a benvida a Papá Noel, aos Reis Magos e á ledicia das festas de Nadal en xeral: reunións coas familias, agasallos, comidas ricas, tempo de cantar panxoliñas e visitar aos seres queridos... En fin, que temos que ir rematando cousas porque oxoves xa toca levar as notas e os traballos deste primeiro trimestre do curso. Xa víchedes como empezaron a pintar as bolsas e agora vouvos mostrar como van avanzando os traballos. Tamén empezamos as portadas para os caderniños de fichas e seguimos facendo algunhas cousas máis relacionadas co proxecto Egeria e con outras cuestións de lecto-escritura e lóxica-matemática. Aproveitamos para coñecer novas obras musicais que sempre nos acompañan na aula; nestes días estamos disfrutando coa Marcha Radetzky de Strauss e así ímonos preparando para afrontar o 2023 cargadiños de boas vibracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario