¡Chegou o día! A primeira saída das pementeiras e pementeiros para ir ver unha divertida obra de teatro a Santiago de Compostela; Peter Pan. Un día intenso,con moita emoción, con moita diversión, no que todo foi sobre rodas (non só as do autobús) e aínda que choveu un pouco, a verdade é que tivemos bastante sorte e non nos mollamos moito. Todo saiu ben, como era de esperar por suposto, e a xornada deixou un bo sabor de boca e ganas de repetir a experiencia aínda que o cansancio finalmente foi o vencedor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario