O luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e estamos preparando unha actividade conxunta cos outros grupos de educación infantil para ir concienciando aos peques da importancia de aprender a convivir, de traballar en equipo, de respectarnos os uns aos outros, de resolver os conflictos que xurdan falando e non pegándonos... Estamos lendo contos que falan da Paz, a convivencia, o respecto ás diferencias, as loitas pacíficas polos dereitos de todos/as. falamos un pouquiño de Ganghi e de Wangari Mataai, escoitamos cancións que falan da Paz como "One Love" de Bob Marley ou "Imagine" de Lennon e empezamos unha actividade plástica que vos mostraremos o luns cando a rematemos todos e todas os nenos e nenas de infantil do Rosalía. Así que mirade as fotos a ver se adiviñades o que estamos a facer...
No hay comentarios:
Publicar un comentario