Empezamos a celebrar o Día das Letras Galegas o pasado martes co concerto de Mamá Cabra na Fundación Camilo Xosé Cela. Pero a cousa non quedou aí, xa que o xoves e o venres achegámonos á figura de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado neste ano 2023. Estivemos vendo algunhas cousiñas da súa vida, por exemplo que lle gustaba moito ler e tiña unha estupenda biblioteca, que foi o impulsor da editorial galaxia e da Revista Grial, que escribeu numerosas obras, por suposto en galego, e que foi un personaxe relevante para a cultura galega.
Pintamos unhas caricaturas e despois colocámolas nun recuncho no corredor de infantil xunto coas que tamén pintaron os compañeiros/as das outras aulas de infantil. E, despois, tamén lle demos cor a un debuxo de Fernández del Riego rodeado do que máis lle gustaba, os libros.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario