A semana pasada fixemos moitas cousas na Pementeira. Moitos e moitas de vós xa víchedes o vídeo da poesía "Unha historia" coas imaxes e voces dos pementeiros e pementeiras. A eles/as encántalles velo! Pero seguimos facendo as nosas rutinas, pasando lista, contando os nenos/as que hai no cole, escribindo o nome, facendo unha suma, seguimos tendo tempo de xogar nos recunchos, de levar os libros viaxeiros, de contar contos e ata de facer algún picnic que agora mesmo é a actividade favorita dos pementeiros/as.
O libro de rimas "Viajamos con Egeria" sigue visitando domicilios e espero que nas familias se reciba coa mesma ilusión coa que o queren levar os peques.
Noa chegou moi contenta cunha pequena Estatua da Liberdade para poñer no noso recuncho de Egeria. E Eric tamén chegou ilusionado con dous contos para compartir cos seus compis.
Estivemos facendo unha actividade de contar os obxectos que hai nun conxunto e despois escribindo os números que aínda temos que practicar máis porque hai bastantes inversións que seguro que coa práctica se van corrixindo. Tamén pintamos, traballamos o control grafo-motor, lemos contos, sogamos nos recunchos e modelamos con plastilina.
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario