E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O venres foi o día de Antía, que estaba super feliz decumplir xa 5 anos e de compartir este momento, e as súas galletas, con todos/as os seus amigos/as do cole. Antía apagou as candeas con moita concentración, e logrouno aínda que parecía que se querían resistir. Despois escoitou a canción que lle adicaron os compañeiros/as e, por útimo, xa chegou o momento de disfrutar das galletas.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
▼
domingo, 28 de abril de 2024
miércoles, 24 de abril de 2024
XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!
Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matemática, a organización espacial, a lecto-escritura...
Tamén temos algúns libros novos.
Tamén celebramos o Día da Terra, falamos da importancia de coidar o noso planeta e ser uns super-heroes protectores das augas, os animais, as plantas e todas as marabillas do noso Planeta Azul.
E sei que pola tarde houbo bastantes compras. Espero que todos/as disfruten cos libros tanto coma min porque os libros son amigos excelentes que sempre nos dan sorpresas, nos ensinan cousas e nos fan vixar por mundos reais ou imaxinarios.


