E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O venres foi o día de Antía, que estaba super feliz decumplir xa 5 anos e de compartir este momento, e as súas galletas, con todos/as os seus amigos/as do cole. Antía apagou as candeas con moita concentración, e logrouno aínda que parecía que se querían resistir. Despois escoitou a canción que lle adicaron os compañeiros/as e, por útimo, xa chegou o momento de disfrutar das galletas.



No hay comentarios:
Publicar un comentario