Rematamos xa o curso e os nenos e nenas xa levaron os seus traballos para casa. Pero quero compartir aquí todo o proceso de elaboración das bolsas decoradas. Nesta ocasión, en lugar de pintar toda a bolsa dun color uniforme, decidín que íamos traballar cun degradado de cores e penso que o resultado foi estupendo. Ás veces costa convencer a estes pemeneteiros /as para face algo novo e seguir unhas indicacións pero, despois, cando por fin se meten na dinámica, xa conseguimos o obxectivo e eles/as mesmos/as recoñecen que lles gusta o resultado, o cal me alegra, claro.
O resultado das bolsas foi fantástico! Color a tope e todos/as a voar!

No hay comentarios:
Publicar un comentario