Empezamos o mes de xuño con festa. Hoxe tocou celebrar o aniversario de Noel que xa entrou a formar parte do clube de 5 anos. Apagou as candeas con concentración (algunha parecía resistirse), escoitou a canción de "Cumpleanos feliz" e, despois como estaba unha mañán soleada espectacular, saímos ao patio para degustar un delicioso biscoito. Todas as profes que andaban por alí tamén tiveron sorte e poideron probar un cachiño porque había moito e Noel compartiuno con elas encantado.


No hay comentarios:
Publicar un comentario