Estamos xa empezando a voar coas nosas plumas e organizando un "avecuncho" na nosa aula cos materiais que imos recibindo. Antes de iniciar unha exploración máis profunda do mundo das aves, fixemos na pizarra o "Panel das tres preguntas" para ir tanteando os coñecementos e intereses dos nenos e nenas da Pementeira sobre este tema. Teño que dicir que lles está costando un pouquiño expresarse, contar o que saben ou pensan , participar nestas tarefas de expresión oral... Están un pouco descentrados, cóstalles atender ás actividades, chegan con sono pola mañán ... Pero, pouco a pouco, intentamos arrancar, retomar as rutinas, centrar a atención e facer cousas diferentes, que xa estamos a piques de rematar setembro e temos moito que investigar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario