jueves, 10 de octubre de 2024

CONCERTO DE SUSA HERRERA

   Hoxe disfrutamos no cole dun concerto moi divertido con cancións cheas de animais que nos contaxiaron o seu ritmo. Susa Herrera, que xa é coñecida no Rosalía porque nos visitou o curso pasado, sempre nos fai pasar un rato divertido compartindo connosco os seus libros musicais, ensinándonos ritmos e movementos coordinados para que sintamos máis plena e conscientemente a música. A verdade, sempre pasamos bos momentos coas cancións e se os protagonistas son os animais (a xirafa ou o elefante, as abellas ou os saltóns, a manta-raia ou o calamar...) aínda nos gustan máis.

    Que ben que Susa nos visite e nos anime a cantar e bailar!




























GRAZAS SUSA!
PASÁMOLO REQUETEBÉN!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CHEGOU A PASCUA

  E xa estamos na Pascua, época moi festeira en Padrón. Na Pementeira tivemos dúas semanas  de moita actividade preparando as portadas dos c...