A segunda noticia do día foi algo que levábamos días esperando: dentro da incubadora temos un pitiño que está empezando a romper a casca e xa mostra as súas ganas de saír ao mundo. Cando chegamos ao cole xa fomos a mirar con interés porque estamos no día número 20 e sabíamos que a partir do día 21 xa é normal que vaian nacendo os pitiños. Hoxe tiñamos que sacar os rodillos da incubadora, deixar os ovos no fondo da incubadora e botarlles un pouquiño de auga co spray para facilitarlles ese proceso de romper a casca.

.jpeg)
.jpeg)
Foi moi emocionante ver como o pitiño xa empezou a romper a casca, mesmo tivemos a sorte de percibir o movemento, de notar como desde dentro intentaba peteirar para poder sair, e o mellor de todo foi que cando os nenos e nenas saíron ao patio e só quedábamos dentro uns pouquiños que non remataran a merenda, poidemos escoitar como piaba baixiño pero con determinación, é increíble ver como a vida se vai abrindo paso e como xurde un ser vivo con tan pouquiños coidados, só un pouco de auga e de calor. ALUCINANTE!
A ver se mañán xa podemos ver un pouquiño máis!!!!

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario