Pois sí, o Nadal está á volta da esquina. Pasa o tempo ben rápido! Esta semana que vai empezar é xa a última do primeiro trimestre e polos espazos de Infantil do Rosalía xa empezamos a ter un ambiente festivo. Estamos decorando os corredores e recibindo algunhas sorpresiñas que nos encantan. Por exemplo, apareceunos un elfiño na aula que nos deixou unhas chuches pero tamén outros agasallos moi especiais: ganas de aprender e risas. Encántanos chegar pola mañán e comprobar se temos carta co agasallo do día. O elfo sabe ben que necesitamos algunhas cousiñas que nos fan aínda máis felices que os xoguetes ou as chuches e por iso quere traelas ao cole por se nos esquecemos de que as temos dentro de nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario