UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
▼
domingo, 12 de enero de 2025
AGASALLOS DE NADAL
O mércores, cando entramos na aula, atopamos uns agasallos na alfombra da asamblea e, como xa podedes supoñer, as pementeiras e pementeiros tiveron claro que os Reis Magos fixeron unha paradiña no cole para deixalos. ¡Que sorte!
¡Que sorte temos! Un globo terráqueo novo e con luz (porque o que tiñamos era tan velliño que tiña zonas borradas e non podíamos ver algúns países) e dous xogos de observación moi interesantes e divertidos. ¡Xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario