"A frauta máxica" fíxonos disfrutar moito na Pementeira. Escoitamos o relato con interese, botamos unhas risas con Papageno, estivemos expectantes mentres Tamino e Pamina pasaban as difíciles probas nunha cova misteriosa, escoitamos as sabias palabras de Sarastro, e descubrimos a falsedade da Raíña da Noite. A historia está chea de emoción e aventuras e a música, coas magníficas voces dos cantantes de òpera que ao longo dos anos representan esta obra nos escenarios de todo o mundo, transpórtanos a mundos imaxinarios que nos fan soñar. Coñecemos xa a todas as personaxes da ópera e, obviamente, un dos momentos que más nos gustou foi o episodio do dragón. Así que tíñamos que pintar un dragón por suposto.
Que medo dan esos dragóns da frauta máxica 🫣
ResponderEliminarA verdade é que onde esté un dragón dos de sempre, botando lume pola boca e metendo medo, que se quiten os dragonciños de nada. E que a historia perde moita emoción se o dragón non nos mete un sustiño!
Eliminar