Despois deste apagón que nos descolocou un pouco a todos/as, volvemos á normalidade (ou iso esperamos). Espero que todas as familias pementeiras estivérades ben e non houbera problemas demasiado graves. Quero pensar que imos aprender algo de todo isto. Mañán, total normalidade no cole.
Así que, retomamos actividade e o primeiro asunto a tratar nesta primeira entrada post-apagón é o aniversario dunha pementeira. Antía xa ten 6 anos e onte celebramos este acontecemento como é habitual na aula.
E tras a celebración do aniversario, saímos ao patio e un grupiño de pementeiros e pementeiras atoparon un paxariño que caera do seu niño. Trouxéronmo e colocámolo nunha caixiño porque estaba moi asustado con tanto alboroto no recreo. Despois, cando todo estaba en calma, levámolo de novo a fóra e xa el voou ata a árbore onde posiblemente estivera a súa familia. Esperemos que reencontrara con todos.
O venres fixemos a nosa sesión de ioga e, aínda que volve a costar concentrarse e atender para facer as diferentes asanas, hai que dicir que cando se intenta hai posicións que saen moi ben e dá gusto velas. A ver se cada día conseguimos máis atención, concentración e esforzo porque a práctica habitual conleva un avance evidente.


No hay comentarios:
Publicar un comentario