Despois da bonita e emocionante experiencia de ver e escoitar a Boniface Ofogo na biblioteca do cole grazas á iniciativa da Editorial Kalandraka, agora quero compartir convosco un video que resume a súa actuación con algúns dos mellores momentos. Parecíame que era imprescindible recoller tamén a súa voz, a súa maneira de narrar, a enerxía xerada nos nenos e nenas, a alegría no ambiente... Por iso aquí vos deixo este vídeo por se queredes disfrutalo en familia. Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario