sábado, 24 de octubre de 2026

ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recorda que aínda seguimos conectados cos nosos antepasados e co poder da natureza. Ademais a celebración do Samaín tamén ten moito que ver co tema central do noso proxecto xa que sinala o fin da tempada da luz, as colleitas, o calor e a entrada na época escura, o inverno que nos obriga a resgardarnos, con esas longas e frías noites nas que hai que acender o lume e coller unha manchea de castañas para comelas ben quentiñas. 

     A luz das candeas, as fogueiras, os candís, ten un papel fundamental no Samaín. A súa función básica é iluminar o camiño ás ánimas. Creíase que na noite do 31 de outubro o mundo dos vivos e o dos mortos se entrelazaban, permitindo que as almas dos defuntos volvesen visitar os seus antigos fogares. A luz servía para guialas. 

     Pero a luz tamén tiña o poder de protexer dos malos espíritus.As fogueiras e os farois tamén se usaban como amuleto ou escudo fronte ás forzas escuras e os seres errantes.

   Na actualidade temos todo tipo de obxectos que nos permiten ter luz artificial pero non sempre foi así. Así que a xente que vivía centos ou miles de anos atrás, argallaba os seus propios artiluxios, con elementos naturais, para ter luz. Por exemplo nabos, cabazas e melóns baleirados. Tradicionalmente en Galicia baleirábanse nabos (e máis tarde tamén calacús/cabazas ou melóns), tallándolles caras e colocando unha candea ou vela dentro. Por suposto tamén se facían fogueiras e procesións con candeas. Encendíanse grandes lumes colectivos e realizábanse percorridos ou procesións con luces para simbolizar precisamente o paso da luz á escuridade e honrar os ciclos da natureza.


    No cole teremos, o vindeiro venres 30, a celebración do Samaín e o CastañazoFest (Magosto) como cada ano. Nesta ocasión, o equipo de actividades complementarias e extraescolares fainos unha proposta que é ao mesmo tempo divertida e terrorífica. O obxectivo é facer unha exposición de fotos samainescas, cheas de misterio, luces tenues e temblorosas, teas de araña, elementos que nos inspiren medo e tensión e que nos conecten co mundo do máis alá, das ánimas que vagan polos mundo dos mortos. Para iso temos que crear un recuncho enfeitizado na casa, con toda a imaxinación e sentido do humor que cadaquén queira empregar, e sacar unha foto que nos trasporte a ese mundo ancestral dos druídas, a Santa Compaña, os espíritos, os ritos de transición,  os bosques misteriosos que nos dá medo percorrer... 
    Veña, sorprendédenos coa vosa creatividade e botádelle humor. faremos unha exposición realmente inquietante.







lunes, 19 de octubre de 2026

A REFRACCIÓN DA LUZ

     O Proxecto Pharos está cheo de sorpresas luminosas. A luz sempre fai que espertemos, que vexamos claramente que descubramos camiños. Pensade nunha gruta escura na que dá medo introucirse porque non sabemos que pode haber dentro, monstros, animais misteriosos, insectos, morcegos ou mesmo algunha pantasma  con ou sin asma. Pero se acendemos as nosas lanternas e iluminamos esa caverna poderemos ver unha ruta de exploración interesante con fermosas estalagtitas e estalagmitas ou pinturas rupestres cheas de vida. A luz tamén pode deslumbrarnos ou confundirnos.

    De feito, unha das propiedades da luz, a refracción, pode enganar aos nosos ollos.Iso poidémolo comprobar o venres.

    Collemos tres cousas para facer unha sinxela experiencia: un vaso de cristal, un lapis e un pouco de auga. Despois, simplemente coa axuda da luz, comprobamos qué significa iso da refracción.







 





  Despois de comprobar que o lapis non rompeu, nin se torceu, comprendemos que a luz ao chocar contra a superficie da auga cambia de dirección e, por iso, parece que o lapis está torcido ou mesmo roto. Ás veces, as apariencias enganan. O lapis cando o sacamos do vaso estaba enteiro eben dereitiño.
   E hoxe, luns, fixemos unha ficha impresa para recoller esta experiencia e recordar más tarde que é iso da refracción da luz.

 

 


















domingo, 18 de octubre de 2026

CANTANDO XUNTOS

  Cada mañán. empezamos a xornada con enerxía e coas boas vibracións que nos dá a música. Cantar xuntos tamén é unha maneira de facer equipo e de crear lazos de unión. Así mentres a profe aproveita para revisar libretas e comprobar se hai algún aviso importante, os nenos e nenas van facendo as súas peticións musicais e forman un auténtico coro pementeiro. Sobra dicir que teñen as súas cancións favoritas e que, ás veces, non dá tempo de escoitalas todas por iso o vídeo recolle só algunhas das habituais. Pero faremos máis gravacións deste tipo para que nas casas poidades ver como disfrutan cantando.



       Por outra banda, seguimos practicando ioga e teño que dicir que se perciben moitos avances. É certo que non sempre sentimos o corpo do mesmo xeito e que hai días nos que nos sentimos máis flexibles o máis resistentes que outros. Por iso non se logra o mesmo resultado en cada práctica, é normal. Pero o que sí é moi evidente é que cando logramos estar máis atentos/as, calmados/as e concentrados/as acadamos moita máis precisión nas posicións. Cando o resultado é bo, os nenos e nenas síntense moi orgullosos/as de si mesmos e iso é xenial. O ioga é unha fantástica ferramenta de autocontrol, de conexión entre a mente e o corpo e de desenvolvemento de habilidades corporais.

































































      Como ben sei que, en moitas ocasións, hai un esforzo importante para lograr facer unha boa asana, para manter o equilibrio, para ter forza muscular, para tentar alinear ben as partes do corpo, para resistir nunha posición que cansa, tras esa práctica facemos unha sinxela dinámica na que soltamos musculatura, relaxamos o corpo, dámonos apertas, saltamos e rímonos. Se nos dá tempo bailamos unha cancioncilla cunha coreo sinxela e, se non, pois simplemente liberamos o corpo con movementos que nos fagan sentir ben.





ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...