O venres 25 celebramos o Entroido 2022 con moito ritmo, con alegría, cun montón de artistas e celebridades que apareceron polas aulas de infantil e, sobre todo, con ganas de festa e de compartir momentos inesquecibles. O Entroido é unha celebración que nos permite soñar, crear historias, imaxinar situacións fantásticas, compartir ilusións e botar unhas risas cos creativos disfraces que cada neno e nena portaba co estilo e a actitude axeitados para a ocasión. O mundo da música dá moito de sí para elaborar disfraces e así foi. Na Pementeira estiveron presentes rockeiros/as e rapeiros, bailarinas e pandereteiras, pianos e partituras, a Fada de Azucre (do Crebanoces) e artistas archirecoñecidos como Freddy Mercury, Michael Jackson, David Bowie, Rosalía, Olivia Newton-John e Elvis Presley.
Para que todas as familias podades facervos unha idea de como foi a celebración deste Entroido, aquí vos deixo dous vídeos coas fotografías que sacamos cos nosos disfraces e cos momentos estelares da festa, así como o pequeno desfile que organizamos en infantil para que todos os nenos e nenas tivesen a oportunidade de disfrutar cos disfraces dos compañeiros/as das outras aulas de infantil.
Tamén nos visitou Manolo ataviado de Xeneral da Ulla.