lunes, 21 de febrero de 2022

O PÍFANO DE MANET E SEGUNDA MANDA DO MECO



    Hoxe chegaron algúns pementeiros/as co seu pescozo engalanado cumplindo a primeira manda do Meco. Parece que aínda non temos moito espíritu de Entroido pero espero que xa mañán todos/as veñan con ganas de disfrutar e divertirse co Meco e coas demais actividades do cole. Hai algúns nenos e nenas que hoxe non puideron vir ao cole e espero, con toda a ilusión do mundo, que polo menos o venres estén aquí connosco para celebrar o Entroido todos xuntos. O que me anima é ver que algúns desde a casa se animaron a participar nas mandas do Meco e me enviaron foto. ¡Así me gusta! Mantemos o ánimo aínda que teñamos que quedar na casa!. ¡Grazas familias por mandarme as fotos!

  Aquí temos as imaxes dos nenos e nenas que se animaron a participar:










   E agora, aí vai a segunda manda do Meco. ¡Veña, animadevos todos/as a participar! A ver si entre todos logramos que a semana do Entroido, a pesar de todo o que pasa ao noso arredor, sexa divertida e nos permita relaxar o ambiente!



   E despois das mandas do Meco, imos falar de ARTE. A semana pasada plantexei un reto relacionado co proxecto Musiqueando e en relación directa, tamén, cunha obra de arte do pintor Manet que pode pasar a formar parte do noso Museo Musical.
 
    O reto plantexado era: ¿Cómo se chama ese instrumento que está tocando este neno do cadro? O instrumento en cuestión ten un nome específico que tamén lle dá título á pintura de Manet. Moitos nenos/as viron que é como unha frauta, efectivamente é un tipo de frauta pero ten un nome concreto que era o que eu lles insistín que buscaran.
    Varios nenos e nenas chegaron á clase coa resposta correcta o cal quere dicir que explicaron na casa como era a pintura para poder buscala e averiguar o título: O PÍFANO, de Manet. ¡Parabéns a todos/as os/as investigadores/as que averigüaron que esta pequena frauta de madeira, que se toca de lado, e ten un sonido moi agudo é un pífano!. Ademais dunha nova de arte musical, tamén aprendemos unha nova palabra relacionada co mundo da música. Parece que o pífano era tocado polos soldados suizos e a través deles chegou aquí tamén. Pero pouco a pouco tamén empezou a tocarse en bandas de música e charangas. É da familia da frauta traveseira pero non é exactamente o mesmo instrumento.
   E aquí están os pementeiros/as pintando con acuarela "O pífano" de Manet.




















*












No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...