miércoles, 16 de febrero de 2022

BOB MARLEY E OUTRAS COUSAS

       Ultimamente estivemos coñecendo a música REGGAE da man de BOB MARLEY. O Día da Paz  xa cantamos xuntos ONE LOVE. 

   E agora coñecemos outras cancións como por exemplo THREE LITTLE BIRDS.


   Traballando en equipo estivemos pintando un retrato do coñecido cantante xamaicano con cores moi pop e disfrutando, durante o proceso, da súa música (aínda que tamén nalgún momento escoitamos a Youssou N´Dour. Mirade como luce o traballo dos pementeiros/as no corredor de infantil(que cada día que pasa vai tendo máis vida e máis música).













   Tamén elaboramos unha sixela maraca cos botes dos bebibles (así reutilizamos materiais de refugallo) e con arroz, e agora podemos practicar ritmos con elas.



































    E unha vez rematadas as maracas, podedes comprobar o ben que sonan neste vídeo no que estamos traballando concentración, coordinación corporal, traballo en equipo, atención e ritmo.


   Como vedes, a música permite que aprendamos moitas, moitas cousas. Non importa o tipo de música que escoitemos, na Pementeira disfrutamos con Mozart, Beethoven, Strauss, Chopin e Bach pero tamén, con Lennon, Bob Marley, Youssou N´Dour, Queen... Escoitamos música tradicional e cancións infantiles de Italia, Rusia, Arxentina ou Congo e así imos acostumando o noso oído a ritmos diferentes, a idiomas diversos e aprendemos a respectar a diversidade.





2 comentarios:

  1. ¡¡Pero qué ritmo tienen estos niñ@s!!!👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos traballando con diferentes ritmos e, en xeral, vanlle dando xeito. o que pasa é que, ás veces, xusto cando vou gravalos parece que non se mostran tan espontáneos, pero normalmente disfrutan moito e, despois, cando xogan ou estan facendo outras cousas póñense a tararear as distintas cancións ou a tocar palmas. Tamén temos que fomentar as actividades que lles axuden a aumentar os tempos de atención. Penso que a música é un bo recurso.

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...