miércoles, 30 de septiembre de 2020

FELIZ CUMPLE ERIK VÁZQUEZ

      Hoxe tivemos outra celebración de aniversario e, curiosamente, tamén foi un Erik. Nesta ocasión Erik Vázquez tivo o seu día especial cumplindo 5 anos. Estaba moi feliz, aínda que agora temos que observar mellor os ollos porque non vemos o sorriso. Aínda que fixemos unha foto sen mascarilla, gardando a distancia para poder mostrar o contento que chegou Erik.




    Todos xuntos cantamos o cumpleanos feliz. Hai que dicir que xa o cantaran polo menos tres veces mentres íamos entrando todos, colocando abrigos e mochilas nas bolsas etc. Así que xa empezaron a xornada con bo ánimo e ritmo festivo.


    Máis tarde, no patio fixxemos o noso círculo máxico de agasallos (con bonitas palabras e eloxios para o rei do día) e cada un foi dicindo o que lle gustaba de Erik. Eu díxenlle que me gustaba moito velo entrar sempre alegre no cole, dándome  os bos días cun sorriso e que sempre tiña ganas de compartir a súa merenda conmigo o cal lle agradecía moito.

    Os compañeiros/compañeiras díxeronlle tamén cousas bonitas, como por exemplo:

  •   Gústame como nadas.
  •    Gústame como fas yoga
  •    Pintas moi ben.
  •    Corres moi ben.
  •    Sempre quero ser o teu mellor amigo.
  •    Eres o meu mellor amigo.
  •    Gústame xogar contigo.
  •    Todos os días vou xogar contigo.
  •    Gústame estar no teu equipo.
  •    Sempre vou querer xogar contigo.










Gustoume moito me Erik lle daba as grazas a cada un dos compañeiros/as que lle dicían algo bonito. Estaba moi orgulloso no centro do círculo recibindo agradecido esas bonitas palabras así que estou contenta vendo que nos imos esforzando un pouco en agasallar con eloxios ás nosas amigas e amigos.

Feliz cumple Erik


lunes, 28 de septiembre de 2020

ACUARELAS E RITMO

      Hoxe toca unha entrada moi artística. As cousas que máis me gustan a min: a pintura e a música. 

    Estivemos pintando con acuarelas, traballando con moita calma e concentración, procurando tratar os pinceis e os debuxos con coidado, con cariño, disfrutando e relaxándonos. Cada un pintou a súa abella como máis lle gustaba e cando sequen decidiremos onde colocalas,como bo exemplo de sociedade baseada na cooperación, buscando o ben común.





























  Tamén tivemos tempo de xogar e de practicar a percusión corporal e o ritmo con "Bim, Bum, Biddy, Biddy, Bum", unha canción que lles encanta.









KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...