viernes, 18 de septiembre de 2020

PRIMEIRA SEMANA DE COLE XENIAL!

     Rematamos a primeira semana completiña de cole e estou moi satisfeita de como están saíndo as cousas. A pesar de todos os inconvintes que nos pon o coronavirus, nós estamos facendo moitas cousas e disfrutando todo o que podemos. Eu estou coñecendo mellor a estes novos pementeiros e pementeiras, estamos facendo un repasiño de cousas que seguramente xa traballaron o curso pasado, estou reforzando cousas básicas como:

  • ter unha postura axeitada na cadeira e na mesa para realizar as actividades impresas sobre todo.
  • agarrar de maneira correcta os utensilios que empregamos para escribir, perfilar ou colorear.
  • respectar a direccionalidade e orientación nas grafías de letras e números.
  • afianzar hábitos de orden e organización tanto nas tarefas como na recollida dos materiais, nos xogos, nas merendas, nas rutinas de hixiene etc.

   Onte xa empregamos o material individual para realizar as actividades impresas. Finalmente en lugar e mercar caixiñas, reciclei unhas que xa tiñamos gardadas no cole e así facemos dúas cousas boas: non gastamos cartos que poden vir ben para outras cousas que poidamos necesitar e reciclamos (xa que tanto falamos de reciclar, temos que empezar a dar exemplo). Os nenos e nenas parecen encantados coas súas caixiñas, que levan o seu nome e están respectando o de empregar só o material que teñen dentro de cada unha. Agora teño que mercar novas ceras e rotus para renovar o que está xa gastado pero, polo demáis penso que nos vai vir ben ter así o material de uso individual.












   Na hora do recreo como xa sabedes non podemos mesturarnos cos nenos e nenas doutras aulas e iso, a verdade, é un pouco triste. Limitar eses contactos entre nenos e nenas que se coñecen, que son da familia, que son amigos, irmáns, primos ou veciños, neses momentos de expansión lúdica non é nada agradable para eles nin para nos.  Pero non temos máis remedio que adaptarnos. Como as zonas asignadas para o xogo ao aire libre son moi diferentes, establecemos un sistema de uso rotativo de maneira que todos os grupos disfruten por igual dos diferentes espazos. Hoxe tocounos ir á zona das árbores. A pena é que, finalmente, non podemos empregar os columpios pero é increíble que xa casi nin preguntan nin se achegan a eles por inercia. Os nenos e nenas teñen unha capacidade e adaptación sorprendente. Teñen tantas ganas de moverse (é lóxico porque pasan moito tempo nun espazo moi reducido para 20 nenos/as no que ademáis lles estou pedindo moita traquilidade, moito orden, moita organización, e todo iso non é fácil partindo da base de que a estas idades o movemento é necesario e controlar a impulsividade é complicado) que o feito de poder correr un pouco, camiñar, dar uns brincos e respirar aire fresco xa é un premio.






   E despois de xogar fóra, de relaxarnos un pouco e de ter a English class aínda tivemos tempo de ver un vídeo moi interesante sobre as abellas, que lle dan nome a un dos equipos/subgrupos de aula.


 
   

    Bueno, esta semana foi moi satisfactoria. Un comenzo de curso moito máis sinxelo e agradable do que esperábamos. Así que valoremos as cousas positivas e procuremos que a próxima semana teñamos moitas máis cousas boas que comentar e compartir. Disfrutade da fin de semana. Eu intentarei xa compartir algunhas ideas sobre o noso proxecto, agora que xa desvelaro o título.

                                            

3 comentarios:

  1. ¡Holaaa!
    La verdad,primera semana más que superada👏👏
    Nosotros estamos alucinados lo bien que lo llevan💪.Las mascarillas,los grupos...
    Y eso que Pablo nos cuenta las cosas a cuenta gotas,nos viene genial el blog😁
    Felicidades a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues me alegro, porque lo importante es que el blog sea útil. A veces los niños de estas edades no cuentan las cosas como quizá esperamos los adultos. Salen del cole y su mente ya está en otra cosa. Pero cuando juegan, cuando surge una conversación determinada, escuchan algo en la tv... de repente hacen un comentario, relacionan datos, les suena un nombre... y de forma natural van mostrando coss que aprendieron, que escucharon, que se les leyeron. El blog es una buena herramienta para canalizar alguna conversación, cuando veis lo que hicieron en el cole, podéis hablar de una manera más concreta de ciertas cosas porque sabéis por donde van los tiros, podéis hacerles preguntas o buscar juntos más información. Yo estoy muy contenta porque veo que ellos están mostrando interés, están recordando información, se sienten felices cuando ven que me pongo contenta cuando recuerdan cosas... Esta primera semana fue muy positiva. Ahora, a continuar así de bien. Gracias Tamara por visitar el blog y por dejar tu comentario.

      Eliminar
  2. pues sí que fue bien superada la primera semana! y con un proyecto con tan buena pinta y tan necesario!! ahora vamos con otra semana más que seguro que tienen un montón de actividades y de grandes momentos!!
    Pd: una pregunta.. los miércoles yoga pero hay algún otro día que tengan psicomotrocidad o similar?? lo digo por lo de la ropa, sobre todo, enviarle calzado deportivo. gracias!!

    un saludo, María Basadre

    ResponderEliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...