miércoles, 30 de noviembre de 2022

UN LIBRO

     Hoxe lemos unha historia moi interactiva e máxica. Ao principio da narración había algunhas caras de desconcerto e de preocupación porque non sabían o que ía pasar, pouco a pouco nenos e nenas foron entusiasmándose  a medida que ían ocurrindo cousas inesperadas que os facían abrir os ollos e ata berrar. Sei que lles gustou moito porque todos e todas querían tocar o libro e ver o que sucedía na páxina seguinte. ademais cando o rematamos, algún neno dixo que lle gustara moito e que llo ía pedir a Papá Noel (xunto cunha caixa nova de acuarelas, o cal me parece perfecto porque é xusto que lle vou pedir eu: un libro e unha caixa nova de acuarelas). Outra nena dixo que a ver que facía porque a ela encántalle o Nadal porque lle gustan moito os regalos e cando ve os anunciós pola tele tan pronto ve o un xoguete que lle gusta di: "me lo pido".





   Aproveitando esta entrada, xa vos mostro algunhas cousiñas que nos ían quedando atrasadas. Como normalmente traballo en pequeno grupo para poder atender de xeito máis individualizado a cada nena e neo, e como tamén écerto que, ultimamente, están faltando bastantes nenos/as, pode haber certas tarefas que algún alumno/a aínda non fixera en días anteriores. Cando é posible intento sempre ir traballando certas cousiñas cos que faltaron para que non perdan moito o ritmo ou, tamén cos que traballan máis despaciño e que lles custa máis esforzo rematar algo. Por outra banda seguimos coas rutinas diarias, pasando lista  (agora só temos un explorador ou exploradora cada día porque xa se sinten máis seguros e xa fan as cousiñas con desenvoltura e menos axuda cada vez), regando o millo, traballando a serie numérica, os días da semana, as letras iniciais de algunhas palabras, practicando trazos que nos van servir para escribir ben cando chegue o momento, pintando, vendo os bits de intelixencia, lendo poesías, facendo ioga e... por suposto, xogando que sempre é moi importante.

                                        MALASANA








































Debuxamos ás nosas mamás. Saíron todas guapísimas!


        
 
                                        








Galopín sigue coas visitas e agora está con Sergio na súa casa.











   E aínda quedan cousas por contar: un mural moi viaxeiro que estamos facendo entre todos e cousiñas xa de Nadal porque o tempo corre! Seguiremos informando.



KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...