Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Musiqueando". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Musiqueando". Mostrar todas las entradas

martes, 21 de junio de 2022

ESTREA MUNDIAL!!!!!

      E chegou o momento de facer a estrea mundial do nos videoclip musical cos grandes éxitos do curso 2021-2022!!!

         Durante este últimos días de curso estivemos gravando  un vídeo no que os nenos e nenas demostran as súas habilidades rítmicas e coreográficas e agora que está toda a montaxe feita é o momento de que o disfrutedes en familia a modo de festival de fin de curso virtual. Nós estivémolo vendo hoxe no cole e todos/as estaban ben atentos e creo que o disfrutaron a tope.

    Eu espero que vos guste porque é un recopilatorio de moitas cancións que escoitamos este curso (non están todas por suposto porque non había tempo para preparar coreos, gravar, montar etc. pero sí están varias das máis representativas). A música sempre nos fai sentir ben e preparar todo isto foi moi divertido aínda que tamén laborioso porque non sempre están todos os nenos/as na aula, ou temos previsto gravar fóra e chove, ou a  aula de psico está ocupada, ou o día que temos previsto esta labor xurde algún imprevisto. Por iso quero pedirvos que o contempledes con ollos positivos (xa que hai algúns defectillos técnicos que non  puiden solventar e porque as miñas posibilidades en formación audiovisual son as que son e os aparellos técnicos cos que conto tamén son básicos, pero o importante é que traballamos xuntos, con ilusión, e que o resultado é divertido) xa que a finalidade fundamental é ter un fin de curso festivo, alegre, musical, e ben animado e iso está logrado.



                                           




E aproveito esta entrada para mostrarvos aos orgullosos graduados e graduadas que marchan para primaria con moita ilusión. Aínda me quedan cousiñas para mostrarvos pero estes días foron de moito traballo e xa mañán porei máis cousiñas no blog. Hoxe déixovos co noso Mix Pementeiro e con estas imaxes de alegría e de satisfacción polo traballo ben feitos de estes nenos e nenas de 6º de Infantil cos que tiven a sorte de compartir un curso escolar.


































E mañán toca festa: nin mandilóns, nin libretas, nin merenda... E a ver que pasa!

lunes, 20 de junio de 2022

UN CONCERTO EXCLUSIVO

    O pasado mércores, en infantil tivemos a gran sorte de disfrutar dun concertoexclusivo para nós. Bea, a  mamá de Amelia, da aula "A Sementeira" que é cantante deleitounos cun montón de cancións acompañanada ao teclado por Alfredo. Pasámolo xenial escoitando cancións de Queen, Tina Turner, Michael Jackson, The Beatles e tamén algunhas cancións en galego como o poema de Rosalía "Adios ríos, adios fontes", o "Xogo da carrasquiña" e ata viaxamos á sabana africana con "Mariluz avestruz".

    Foi espectacular e todo un luxo poder disfrutar de música en directo no cole con esta calidade. Estamos moi agradecidas/os a Bea e Alfredo por facernos este agasallo tan especial. Somos uns privilexiados. ¡Vaia remate de curso tan musical!




















¡UN CONCERTO ESPECTACULAR! DISFRUTAMOS MOITÍSIMO. 
¡GRAZAS BEA E ALFREDO!


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...