Mostrando entradas con la etiqueta #euquedonacasa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #euquedonacasa. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

CHEGOU UNHA HISTORIA. ¿ALGUÉN MÁIS SE ANIMA?

   Xa recibín unha historia elaborada a partir dos cubos con imaxes. Noa da aula de 3 anos foi a creadora da mesma e aquí vola deixo por se queredes lela e, sobre todo, por si vos contaxia esas ganas de inventar unha propia. ¡Parabéns Noa polo teu traballo!
472 mejores imágenes de Chevo en 2020 | Alfabeto disney ...






Muchas Gracias GIFs | Tenor

miércoles, 10 de junio de 2020

NOVAS DESDE AS CASAS

    Hoxe quero compartir con todos vos as últimas imaxes que recibín de todo o traballo que están facendo os nenos e nenas coas súas familias. Desde aquí quero facer un recoñecemento a todas as familias de infantil porque estades facendo unha gran labor cos máis pequenos nesta situación tan atípica. A verdade é que é moi gratificante comprobar con que espíritu tan positivo estades afrontando todo isto e ver as imaxes dos peques escribindo, debuxando, cantando e bailando, pintando, recitando poemas, escoitando un conto, facendo ioga... ¡é emocionante! ¡Parabéns por ese interese nas propostas que se fan desde os blogs de infantil e por ese afán en manter a conexión co cole e as profes! 
    Eu póñome moi contenta cada vez que recibo imaxes e vexo caras felices, concentradas, pensativas, relaxadas, curiosas... todo iso é unha mostra de que siguen aprendendo cousas novas cada día.
     Hoxe teño varias imaxes de  Rosalía e Noa, da aula do Paseo do Espolón (3 anos) e de Carlota da Sementeira (5 anos). ¡Parabéns chicas, bo traballo!

     Como vedes Rosalía respondeu a todas as propostas da Aula Baobab: fixo o círculo cromático, escooitou os contos do colibrí Rafara e A verdadeira Historia das cores, pintou con acuarelas, fixo ioga, realizou os exercicios de ritmo e figuras musicais, diseñou mascarillas, investigou sobre África, fixo unha ficha informativa sobre a xirafa... ¡Cantas cousas!






 






 


  Noa tamén fixo o seu diseño de mascarilla, ou mellor dito, unha Frozen-mascarilla coa N de Noa ben grande, o cal é boa idea xa que, ás veces, resulta difícil recoñecernos uns aos outros coa cara tan tapada. Así que facer mascarillas con algunhas pistas pode ser práctico.

   Carlota, que tamén imoito e xa me mandou moitas cousas con anterioridade, hoxe quixo compartir os seus traballlos sobre o Día dos Océanos que celebrou coa súa amiga a Caracola Manola.



    E agora vou continuar preparando a entrada de mañán que vai ser moi interesante. ¡Disfrutade do día e, unha vez máis, grazas pola vosa resposta e parabéns polo voso traballo!


jueves, 4 de junio de 2020

¡A MOVERSE!

   Hoxe nova proposta de exercicio, movemento, estiramento e resistencia!!!!!. Imos traballar un pouco de todo. No vídeo que hoxe comparto con todos vos veredes que trato de estirar ben a miña espalda, os brazos e as pernas. Tamén traballo un pouco o equilibrio, a resistencia de pernas e brazos e exercito os abdominais.
Nuestros amigos los gatos #3 - Página 19   Do que se trata é de intentar facer estes exercicios como poda cada un. A min hai cousas que non me saen nada, nada ben e seguro que vos daredes conta. ¿Qué teño que facer? pois seguir practicando. Así que diso se trata. Entón, ¿practicamos xuntos?

   

      Mirade o vídeo, intentade repetir cada exercicio, ide contando en cada posición ata 5 por exemplo, e mañán podedes repetilos contando ata 10 (aumentando pouco a pouco o tempo de realización de cada rutina). Por certo, mamás e papás podedes practicar cos peques. Os máis pequenos/as tamén o poden intentar, non pasa nada se non aguantan ben o equilibrio ao principio ou non estiran completamente. Trátase de ir probando e de ir mellorando coa práctica.
    Nalgúns exercicios emprego unha pelota e unha cadeira. Coas cousas que temos na casa podemos facer variacións nalgúns exercicios.

   Aproveito xa esta entrada para mostrarvos os traballos que fixeron Violeta e Cristina sobre o submarino. Da gusto ver o concentradas que están traballando e o satisfeitas e felices que mostran a súa tarefa.



Desgarga gratis los mejores gifs animados de aplausos. Imágenes ...     Xa sabedes que me encanta recibir imaxes desde as vosas casas; levamos xa case tres meses sen vernos no cole e para min é unha alegría cada vez que recibo unha foto con algún traballiño dos nenos e nenas de infantil. ¡Animádevos a compartir! (profetetedeinfantil@gmail.com)

martes, 2 de junio de 2020

DISEÑANDO MASCARILLAS

    Parece que teremos que facernos á idea de que as mascarillas van ser parte da nosa indumentaria habitual, verdade? Xa sabedes todos/as, seguramente, que o uso de mascarillas é obligatorio en persoas de 6 anos en adiante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calqueira espazo cerrado de uso público se non é posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de 2 metros polo menos.
  Eu non sei se vos xa experimentástedes esa sensación de saír á rúa coa mascarilla. Certamente non é moi agradable pero agora temos que pensar que o primeiro é a saúde e a seguridade, así que temos que usala. Pois ben, mirade, hai algúns protagonistas de obras de arte que tamén están xa mostrándonos a importancia de levar mascarillas...




 




    Pois ben, hoxe a miña proposta é que diseñedes unha mascarilla persoal, que a decoredes ao voso gusto. Xa que temos que usala polo menos imos levar algo máis divertido. ¡Ollo! non estropeedes as mascarillas auténticas porque recordade que teñen que ser seguras e protexernos. Facede o voso diseño en papel e despois teríamos que preguntar si é posible plasmar ese deseño nunha mascarilla de verdade.
   Eu xa fixen o meu diseño e agora estou esperando a ver se podo conseguir a miña mascarilla lavable auténtica. Xa vos contarei se o logro. Elexín uns símbolos ADINKRA (símbolos africanos da zona de Ghana e Costa de Marfil) e que non só elementos decorativos senón que teñen significados completos, transmiten mensaxes, proverbios, cnceptos relacionados coa sabiduría popular e tradicional africana. Parece que Adinkra era o nome dun rei de Gyaman que foi capturado e levado a Kumassi, a capital do reino Ashante. O territorio do rei Adinkra foi anexionado ao reino Ashante eposteriormente eses símbolos empezaron a plasmarse en telas.
    Estes son os principais símbolos Adinkra, como vedes representan o coñecemento, a forza, a adaptabilidade, a enerxía, a liberdade e emancipación, a pacificación, a armonía, a intelixencia, o poder do amor, a creatividade, a paz, a transformación, a unidade na diversidade, o universo, a cooperación, a seguridade, o liderazgo, a natureza...

     Eu elexín tres destes símbolos: o da adaptabilidade porque agora temos que adaptarnos a unha nova situación, a novas normas de relación social, ao uso de elementos de protección e hixiene... o da transformación porque temos que transformarnos e transformar os nosos hábitos e formas de vida para poder vencer a este virus... e o da enerxía porque aínda que estemos pasando por un momento complicando, temos que ter enerxía para seguir facendo cousas, aprendendo e disfrutando.


   Como vedes empreguei a cor vermella, primeiro porque é a miña cor favorita e segundo porque o uso das cores nestes símbolos, na roupa e na decoración africana tamén ten moito significado. A cor vermella significa vitalidade, é o sangue da vida, a enerxía, a saúde e a creatividade. Todo isto fainos falla agora, a que sí?
     Veña, quen se anima a personalizar a súa mascarilla? Mandádeme as vosas ideas. Ao mellor en setembro temos que ir con mascarilla ao cole así que podemos pensar e facelas máis divertidas...

   E agora, aproveito para mostrarvos as últimas tarefas que me enviou Carlota. Primeiro estivo practicando a percusión corporal coas tarxetiñas que aparecen na entrada do 18 de maio (As figuras musicais) e despois fixo unha preciosa máscara africana para conmemorar o seu día. ¡Parabéns Carlota! As tarefas están moi ben e os sorrisos aínda mellor. ¡Esa é a actitude! Facemos cousiñas disfrutando.




jueves, 21 de mayo de 2020

DURERO

Dürer - Selbstbildnis im Pelzrock - Alte Pinakothek.jpg 

  
  Un 21 de maio de 1471 nacía en Nüremberg o xenial pintor Alberto Durero. É un pintor que eu admiro moito porque a min encántanme os retratos. Penso que o máis difícil para un pintor é facer un bo retrato porque debe transmitir vida, pensamentos, emocións e iso non é fácil. E Durero pintou un autorretrato que é un dos meus favoritos de toda a Historia da Arte.





Ver las imágenes de origen

A súa firma  aparece ao lado esquerdo da súa cara. Empregaba só as iniciais do seu nome e o seu apelido: unha A e unha D. É completamente innovadora, un auténtico deseño, un logo como lle poderíamos chamar hoxe. Durero foi un auténtico precursor.



Casa de Alberto Durero - Núremberg - Arrivalguides.com

  Durero naceu e viviu en Nüremberg, unha fermosa cidade alemana situada na rexión de Baviera. Esta era a súa casa. Na actualidade é un museo que eu tiven a sorte de visitar e pódese ver como era o estudo no que él traballaba, os materiais e artiluxios que tiña etc.  

  Durero é moi coñecido polos seus estudos de animais e plantas que debuxaba con moitísima precisión. De feito ás veces chámanlle "o pintor da natureza" por esa capacidade de observación e o detallismo das súas representacións. Unha lebre que debuxou é tan famosa en todo o mundo que ata lle fixeron unha estatua en Nuremberg.
Liebre joven (Durero) - Wikipedia, la enciclopedia libre     NUREMBERG, GERMANY - MAY 20, 2016 Rabbit sculpture - Tribute to ...

Dürer's Rhinoceros, 1515.jpg   Outro dos debuxos máis icónicos do pintor, inconfundible e supercoñecido é o seu rinoceronte. Detrás deste gravado hai unha historia realmente fantástica, propia dunha novela ou un conto pero que, sin embargo é totalmente certa.





El rinoceronte de Durero by Ediciones El Naranjo - issuu    
Se queredes ler a historia deste rinoceronte tan famoso podedes facelo nun bonito libro titulado así "O rinoceronte de Durero".
    A cousa foi máis ou menos así: O sultán da India regaloulle o rinoceronte a un almirante portugués chamado Afonso de Albuquerque. Afonso levou o rinoceronte para Portugal e chegou a Lisboa un 20 de maio de 1515. Nesas épocas era habitual que os poderosos gobernantes regalaran animais exóticos a outros gobernantes ou personaxes importantes. O rinoceronte viaxou en barco durante 120 días desde Goa (India), atravesando o Océano Indico, bordeando o Cabo de Boa Esperanza e dirixíndose cara o norte polo Atlántico parando brevemente en Mozambique, Santa Helena e as Azores.
   Como nunca se vira un rinoceronte en Europa, podedes imaxinarvos que o animal cun ese gran corno no seu nariz, como un unicornio, causou auténtica sensación. O rinoceronte foi vivir a "casa das fieras" do rei Manuel I. Pero a cousa non acabou aí. O rei Manuel I quiso regalarlle o rinoceronte ao Papa León X (que chamándose así non é raro que lle gustaran os animais salvaxes) e velaí que o pobre rinoceronte tivo que volver a viaxar de novo. Outra vez nun barco percorrendo o mundo o pobre rinoceronte chegou a Marsella onde o rei de Francia Francisco I quiso velo Tras a parada reanudaron o seu periplo pero unha forte tormenta fixo naufragar o barco xa en Italia e o rinoceronte morreu afogado. ¡Que triste verdade! Menos mal que co tempo estamos aprendendo a respectar un pouquiño máis aos animais, e a natureza en xeral, e entendemos que non son obxectos para o noso disfrute senón que son seres vivos que teñen dereito a estar no seu hábitat.
   Despois diso, o rinoceronte foi disecado pero non se sabe que pasou despois.
    Pois ben, Durero non chegou a ver ese rinoceronte. Un mercader que si o pudo ver escribiu unha carta describindo o animal e fixo un boceto sinxelo do animal.  Durero a partir desa descripción fixo dous debuxos a tinta e o famoso grabado e hai que recoñecer que para non ver nunca un rinoceronte fixo un debuxoimpresionante.
    Podedes xogar en casa a facer debuxos a partir de descripcións de animais reais ou fantásticos. Mamá ou papá poden ir describindo as partes dun animal, o tamaño, a forma xeral, cor etc. so con palabras e vos tendes que tratar de ir debuxando o que eles din. ¡A ver se é fácil facer o que fixo Durero!
   A continuación podedes ver máis obras de Durero:
Alberto Durero, pintor de la Naturaleza – Baúl de Chity      Búho" ,Alberto Durero, 1508 | Durero, Arte de búho, Arte renacentista



La gran pradera de Durero. Análisis botánico y paisajístico ...

   Animádevos a observar a natureza, coidándoa e respectándoa, mirándoa con ollos atentos, e despois intentade debuxala e pintala como auténticos artistas.
   Por exemplo, Carlota xusto estivo traballando como Durero observando flores silvestres e debuxándoas. Carlota elexiu dúas: a Flor da pasión e o Dente de León. ¡Mirade que chulada de fotos me mandou para o blog! Veña, facede  como ela e mandádeme o resultado das vosas investigacións e os voso debuxos. ¡Encantarame recibilos!




    E xa aproveito esta entrada para mostrarvos máis traballiños que mandaron algunhas nenas:
   Cris  mandou unhas imaxes do seu traballo de hoxe buscando as palabras que riman nun poema. ¡Qué gusto me da ver como traballan estes chicos e chicas de infantil, e con que caras de felicidade!
 Paula e Noa tamén se animaron a completar a poesía dos animais que van ao mercado. E Noa, ademais, creou o seu personaxe fantástico e púxolle o seu nome empregando as figuras musicais como na proposta que vos puxen fai un par de días no blog.

  E de novo, Carlota acábame de enviar a súa experiencia coas figuras musicais.  Igual que fixo Noa, debuxou o seu personaxe fantástico e púxolle o nome facendo a súa combinación persoal de figuras musicais.
 


 ¡Parabéns a todas! ¡Fantásticos traballos!
Thumbs Up الإبهام GIF - ThumbsUp الإبهام لأعلى - Discover & Share ...


ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...