Hoxe quero compartir con todos vos as últimas imaxes que recibín de todo o traballo que están facendo os nenos e nenas coas súas familias. Desde aquí quero facer un recoñecemento a todas as familias de infantil porque estades facendo unha gran labor cos máis pequenos nesta situación tan atípica. A verdade é que é moi gratificante comprobar con que espíritu tan positivo estades afrontando todo isto e ver as imaxes dos peques escribindo, debuxando, cantando e bailando, pintando, recitando poemas, escoitando un conto, facendo ioga... ¡é emocionante! ¡Parabéns por ese interese nas propostas que se fan desde os blogs de infantil e por ese afán en manter a conexión co cole e as profes!
Eu póñome moi contenta cada vez que recibo imaxes e vexo caras felices, concentradas, pensativas, relaxadas, curiosas... todo iso é unha mostra de que siguen aprendendo cousas novas cada día.
Hoxe teño varias imaxes de Rosalía e Noa, da aula do Paseo do Espolón (3 anos) e de Carlota da Sementeira (5 anos). ¡Parabéns chicas, bo traballo!
Como vedes Rosalía respondeu a todas as propostas da Aula Baobab: fixo o círculo cromático, escooitou os contos do colibrí Rafara e A verdadeira Historia das cores, pintou con acuarelas, fixo ioga, realizou os exercicios de ritmo e figuras musicais, diseñou mascarillas, investigou sobre África, fixo unha ficha informativa sobre a xirafa... ¡Cantas cousas!
Noa tamén fixo o seu diseño de mascarilla, ou mellor dito, unha Frozen-mascarilla coa N de Noa ben grande, o cal é boa idea xa que, ás veces, resulta difícil recoñecernos uns aos outros coa cara tan tapada. Así que facer mascarillas con algunhas pistas pode ser práctico.
Carlota, que tamén imoito e xa me mandou moitas cousas con anterioridade, hoxe quixo compartir os seus traballlos sobre o Día dos Océanos que celebrou coa súa amiga a Caracola Manola.
E agora vou continuar preparando a entrada de mañán que vai ser moi interesante. ¡Disfrutade do día e, unha vez máis, grazas pola vosa resposta e parabéns polo voso traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario