Finaliza o mes de outubro coa 1ª edición do Castañazofest que resultou ser todo un éxito. A verdade é que todo foi sobre rodas, disfrutamos dun fermosos día de sol, con temperatura moi agradable, con moitos sorrisos e moitas ganas de xogar ecompartir bos momentos, os nenos e nenas de infantil viñeron cheos de enerxía, alegres e perfectamente caracterizados de vampiros e vampiresas, momias, morcegos, arañas, bruxas, cabazas, demonios, esqueletes e personaxes como It ou Mércores. Estaban todos/as fantásticamente terroríficos/as e divertidos/as que era do que se trataba. Sacamos moitas fotos, que quedaron realmente bonitas (hai quen disfruta moito poñendo poses divertidas e facendo de modelos espontáneos) comemos castañas no patio xunto con todo o alumnado do cole, participamos na pasarela de disfraces, degustamos uns peperetes ben sabrosos na aula de psico, xogamos un montón no patio, bailamos, cantamos e ata vimos un corto de medo. Foi todo divertido, emocionante e o día transcurriu cheo de boas sensacións e sen problemas de ningún tipo. Pasámolo realmente ben todos xuntos! Ata tivemos tempo de levar os restos orgánicos ao composteiro, e de marcar os días que van pasando no proceso de incubación dos ovos. E agora na casa podedes ver algunhas imaxes que resumen esta xornada festiva. Espero que vos gusten.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta castañazofest. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castañazofest. Mostrar todas las entradas
sábado, 2 de noviembre de 2024
CASTAÑAZOFEST 2024
Como vedes foi un día intenso e ben completiño. E quizá á volta destes días de descanso teñamos algunha sorpresa na aula. estamos xa na recta final da experiencia de incubar ovos na aula e agora toca comprobar se algún pitiño ven ao mundo na Pementeira. Qué expectación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST
Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
