viernes, 30 de septiembre de 2022

REMATAMOS A SEMANA CON VIAXES, LECTURAS E RELAX

     Esta semana foi intensa. Fixemos cousas moi variadas e, o máis importante, é que estamos empezando a interiorizar as rutinas de aula, van desaparecendo os pequenos dramas derivados de ter que intentar poñer o mandilón, a maioría dos nenos e nenas xa se deron conta que poden facer un montón de cousas por si mesmos e cada día escoito máis "por favor" e menos choros cando me piden algo. Hoxe rematamos o mes de setembro e teño que dicir que os avances na Pementeira son salientables e iso repercute no ambiente de aula que cada día é máis agradable. Hoxe daba gusto ver como todos colocaban as súas mochilas no percheiro, collían a libreta, como fixeron a fila para ir ao patio e recitaban o "Triqui, traque", como me pedían "por favor" que lles abrira o grifo para lavar as mans... En fin, eu que máis ou menos sei como evolucionan os nenos e nenas de infantil, non estou sorprendida, de feito non esperaba menos deles/as, sei que cun pouco de tempo, calma, e práctica, en pouquísimo tempo se notan avances, pero quero comentalo aquí porque penso que é necesario insistir en non dramatizar cada vez que un neno/a se atopa cun pequeno obstáculo no día a día.  Cada día se lles dan menos oportunidades para ser autónomos, para relacionarse con outros nenos/as e solucionar conflictos, para asumir que non sempre serán os protagonistas e os primeiros/as en todo, para aprender a esperar... O cole é un lugar idóneo para iniciar o seu proceso madurativo: aquí os xoguetes son de todos, a profe ten que atender a todos/as e só ten dúas mans, os espazos son de todos, e hai moitas normas que seguramente non hai no entorno familiar. E iso tamén é importante que o comprendan as mamás e os papás. O cole non é a nosa casa, hai horarios, hai obrigas, hai normas e cada neno e nena chega aquí coa súa propia historia, vivencias, emocións, personalidade, capacidades ou dificultades. Co cal todos/as temos que facer axustes, temos que ceder  ás veces, temos que esperar, temos que respectar aos outros/as, temos que colaborar e temos que "traballar" porque ao cole vimos a aprender cousas e a evolucionar a todos os niveis. A medida que imos facendo eses axustes disfrutamos moito máis. Así que, pediríavos a todas as familias que empezárades a prestar atención ás cousas positivas derivadas do cole, porque as hai. Se vós confiades nas capacidades dos vosos/as fillos/as, eles/as confiarán tamén en si mesmos/as. Se respondedes a choros, caprichos e dramas, eles/as acostumaranse a conseguir todo dese xeito e a solicitalo así. De verdade, non lle fagades ver aos peques que son incapaces porque, por sorte, son moi capaces de facer moitas cousas.
    Despois desta introdución (que quizá vos parezca pesada, repetitiva ou aburrida pero eu quería facer para que comprendades que necesitamos un pouco de tempo e paciencia para promover cambios e que vós desde a familia tamén podedes normalizar a situación) empezo agora a contar o que me gusta a min. Hoxe empezamos xa  a traballar cousiñas do proxecto Egeria e pasámolo moi ben. Empezamos lendo un libro moi chulo que se titula "Viajeros al tren" e pregunteilles aos pementeiros/as:
  •    ¿Para qué sirve un tren?
    E as respostas foron:
    Para ir por la vía.
    Para ir por aí, aos hoteles, de vacacións... para ir de viaxe.
  •    E, ¿en qué máis cousas podemos ir de viaxe, que medios de transporte empregamos para ir dun sitio a outro, para viaxar polo mundo?
    O tren
    O  avión
     O coche
     O todoterreno
     Tamén podemos viaxar nun Monster Truck
     E tamén podemos ir en autobús.
     Nunha bicicleta.
     O cabalo.
  •      E ¿si quixéramos ir polo mar, podemos ir nun coche?
     Non. temos que ir en submarino.
  •      ¿So podemos ir en submarino? ¿Non hai outra maneira de ir polo mar?
    Tamén podemos ir en barco.
  •     Mirade pola aula, abride os ollos ben, e mirade se vedes por aí outra cousa na que podemos ir de viaxe.
   Si, podemos ir nun globo coma ese.
  •    E ¿se quixéramos ir á Lúa?
   Pois en cohete.
   Nunha nave espacial

    Lendo esta historia, empezamos unha viaxe por Europa, cruzamos o mar (o Canal da Mancha) polo Eurotúnel desde reino Unido ata Francia e chegamos a París, onde xa sabemos todos que está a Torre Eiffel.




    Despois merendamos xuntos, cunha organización absoluta e moita tranquilidade, fixemos as rutinas (recoller, facer pis, lavar as mans, xogar nos recunchos mentres todos rematan, facer fila) e saímos a xogar ao patio.







   Despois do recreo fixemos a nosa sesión de relaxación co "Nocturno" de Chopin e fixemos una sesión de lectura.






















     ¡Cómo me gustan estas fotos! 
   E agora xa para rematar, aquí están as dúas pementeiras que levaron a Galopín a casa.


    Aínda fixemos outras cousiñas hoxe, pero xa volas contarei noutra ocasión. ¡Bo fin de semana a todos/as!

jueves, 29 de septiembre de 2022

O CUMPLE DE NOA

    Hoxe tivemos unha celebración na pementeira xa que é o aniversario de Noa que xa é unha moza de 3 anos. Estaba toda emocionada porque lle tocaba ser protagonista, elixiu unha coroa de cor azul para lucir no día do seu aniversario, apagou as candeas, escoitou como lle cantaban o "Cumpleanos feliz" e repartiu galletas entre os seus compañeiros. 

























XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...