jueves, 15 de septiembre de 2022

¡TODOS XUNTOS!

     Hoxe tivemos a primeira xornada na que stivemos todos xuntos na aula durante catro horas. Mañán repetimos este horario e xa rematamos o Período de Adaptación. Pasou rapidamente e todo foi moi ben. Hoxe tivemos un día cheo de actividades, de rutinas, de emocións diferentes, de experiencias divertidas... estamos empezando a convivir todos e todas nun mesmo espazo, temos que compartir xoguetes, materiais e, sobre todo, a atención da profe e costa un pouquiño ter paciencia para esperar turno. Tamén estamos empezando a traballar o feito de formar parte dun grupo que ten que funcionar con certa harmonía nas diferentes tarefas e cun ritmo similar para poder disfrutar das  actividades que se van sucedendo na xornada. Claro que cada neno/a ten o seu ritmo, iso é indudable e na medida do posible temos que respetalo, pero no cole temos que adaptarnos un pouco aos horarios que nos marcan. Pouco a pouco iremos facendo ese proceso e aproveitaremos moi ben cada xornada. O inicio non estivo nada mal. Hoxe por fin fomos ao patio cos compañeiros/as de infantil e disfrutamos un montón.

     Chegamos todos/as moi tranquilos, colocamos as cousas no percheiro e as libretas nunha cubeta dentro da aula para que a profe as revise. No espazo da asamblea cantamos as cancións de saúdo, escoitamos un conto moi divertido dun cocodrilo que realmente non era cocodrilo, recitamos o poema do cabaliño que nos gusta moito e despois traballamos na mesa pintando unha tartaruga. Mentres tanto escoitamos música ( aver si nos habituamos a traballar relaxados disfrutando da música).










    Despois o profe Carlos tróuxonos unha sorpresa que non gustou moito: unha lagarta pequeniña.




        A continuación merendamos e saímos ao patio. ¡Que ganas tiñamos! Hai quen atopou a seu irmán e parecía que facía catro anos que non se vían. ¡Qué alegría!







    Por certo, se queredes mandarlle unha gorra para deixar aquí no cole para estes días que pegue o sol estaría xenial. O curso pasado tivemos bastantes días de sol e hoxe, de feito, eu non esperaba este día tan soleado e caluroso.

   Tras rematar o recreo entramos de novo á aula e tivemos uns minutos de relaxación porque fóra corremos moito, sudamos, berramos, rimos e había que baixar pulsacións. Así que estivemos tocando o "instrumento da tranquilidade" que nos deixou abraiados.
 


















     Como vedes xa estamos a pleno rendemento e mañán seguro que aínda o pasamos mellor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...