jueves, 8 de septiembre de 2022

¡EMPEZAMOS! UN NOVO GRUPO DE PEMENTEIRAS E PEMENTEIROS

      E chegou o momento de iniciar un novo curso! O tempo pasa voando e despois de despedir aos antigos habitantes da Pementeira no mes de xuño, chega setembro e é o momento de que un novo grupo de nenos e nenas tomen posesión da aula e empecen a deixar a súa pegada neste espazo de infantil do Rosalía.

       21 peques chegaron hoxe con ilusión ao cole de maiores, algúns cun pouco de inseguridade e certa preocupación, outros cheos de enerxía e disposición... Pero a cuestión é que o día foi estupendamente e a primeira xornada deste Período de Adaptación foi todo un éxito e fixemos moitas cousas.

    Primeiro coñecemos a Pepe, un poliño moi comilón que nos estaba esperando na aula. Contamos o conto, pintamos cos dedos, xogamos na cociña, visitamos o patio, cantamos e bailamos a canción de Pepe, colocamos a nosa foto no percheiro de fóra... A verdade é que non hai queixa. Seguro que mañán será aínda mellor! 


































































E mañán máis e mellor!!!!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...