Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2026

DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO, CONTOS E PSICOMOTRICIDADE

    Outra semana de moitas celebracións: o día 22 de abril conmemoramos o Día da Terra e o 23 o Día do Libro.

        O mércores empezamos moi ben a xornada cun conto que triunfou entre os pementeiros e pementeiras. Encantoulles, levaron sorpresas, botaron unhas risas e ata me adicaron un aplauso final. A verdade é que un conto moi bonito, un conto que nunca ten fin porque lle podes dar as voltas que queiras: UN BECHO ESTRAÑO.






   Tamén estivemos vendo os vídeos nos que eles/as son protagonistas, facendo ioga e tocando os instrumentos musicais africanos, porque lles encanta verse e algúns/has non os viran aínda.





 Despois estivemos reflexionando sobre a importancia de coidar o noso planeta e falamos dalgunhas cousiñas que todos/as podemos facer: non empregar tanto plástico, reciclar papel e cristal, empregar menos o coche, non tirar basura nos montes, ríos e mares... Para ter un recordo deste especial Día da Terra coloreamos un debuxo con dous superheroes que queren facer do noso planeta azul un mellor lugar para vivir.









































   Tivemos a nosa sesión semanal de psicomotricidade e pasámolo xenial cun circuito que poñía a proba a velocidade, o equilibrio, o control corporal global, a atención, a memoria e a coordinación xeral para facer  movementos diversos.Mirade as fotos porque as imaxes valen máis que as miñas palabras. Foi realmente divertido.











































































































































    O Día do Libro celebrámolo lendo  e disfrutando dos libros como debe ser. Como xa sabedes, o 23 de abril celébrase San Jordi en comunidades como por exemplo Cataluña. É tradicional agasallar con libros e rosas vermellas ás persoas queridas. Ander trouxo unha rosa moi especial, mirade que bonita. Así que aproveitando este detalle lemos a historia de San Xurxo e o dragón.

   Colocamos máis portadas de contos na nosa exposición do corredor. Mirade que ben está quedando.









   E rematamos a xornada do xoves disfrutando dos fermosos e interesantes libros que temos na aula. Sempre hai que buscar tempo para conectar cos libros, viaxar polas súas ilustracións,  soñar coas súas palabras  e vivenciar as historias. Non hai mellor amigo que un libro.
























FIN DE CURSO 2026

     O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...