domingo, 25 de febrero de 2024

23 FEBREIRO: ANIVERSARIO DE ROSALÍA

      O día 23 de febreiro é importante para Galicia e para un cole que se chame, como é o caso do noso, Rosalía de Castro. É o día no que recordamos de maneira especial a esta muller, escritora, defensora da nosa lingua, e transmisora da nosa cultura por todo o mundo mediante as súas obras. 

    Este ano o seu aniversario foi un pouco especial porque tivemos a sorte de poder cantarlle  “Parabéns para ti”. Sí, cantámoslle a ela en persoa, en vivo e en directo, porque veu de visita acompañada doutro colega, escritor coma ela, que xa coñece o noso cole, Julio Verne. Viñeron xuntos porque xa imaxinaredes que os escritores teñen moitas cousas en común. 

   Así que foi un aniversario moi especial. Tamén fixemos outras actividades,como darlle cor a un retrato dela, escoitar poemas musicados…










































viernes, 16 de febrero de 2024

MOITOS AVANCES

    Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que cada neno/a vai ao seu propio ritmo e as aprendizaxes van xurdindo de xeito natural en cada alumno/a de acordo co seu nivel madurativo, o seu interese, e o traballo que van facendo, por iso é importante non facer comparacións e disfrutar do proceso que vai vivindo cada uno, os pasos que van dando, unhas veces pasos máis longos e seguros, outras veces máis curtos e con máis prudencia, pero sempre son pasos adiante e iso hai que valoralo. 

   A finais do mes pasado, co obxecto de conmemorar o Día Da Paz e a Non Violencia, o Equipo de Normalización propuxo facer unha lectura de contos relacionados con estes valores de solidaridade, cooperación, defensa dos dereitos humanos etc. Como xa hai nenos e nenas en infantil que están rompendo a ler, na Pementeira tamén fixemos unha proba a ver se alguén podía ler un pequeno párrafo do libro "Wangari y los árboles de la Paz" e particpar, así, xuntos con outros nenos/as das aulas de 5 anos, na elaboración dun vídeo. O resultado foi fantástico, e quero felicitar ás pementeiras que se animaron a ler e o fixeron así de ben. Estou moi orgullosa delas e convencida de que cada día que pase irán soltándose máis nenos e nenas da aula, e nos mostrarán todo o que están avanzando. Seguro que sí, que cada día se irán animado máis nenos e nenas, e ademais aínda temos moito tempo antes de que acabe infantil para seguir avanzando neste proceso tan bonito que é aprender a ler e escribir. Aquí vos deixo o vídeo, que xa está colgado na web do cole´.


   Os pementeiros/as están moi interesados con isto dos volcáns e traen moitos debuxos e tamén libros para o recuncho. Estamos aprendendo moitas cousas sobre os segredos que se esconden nas profundidades da Terra, nas covas, como viven algúns animais baixo a terra que pisamos e que cousas fan  (que son fundamentais para a agricultura por exemplo). Á vez que aprendemos un montón de contidos sobre minerais, insectos, prehistoria, arte etc, tamén imos aprendendo vocabulario novo e traballamos lectura e escritura tanto en galego como en castelán. Tamén realizamos tarefas máis vivenciais como experimentar como pintaban os homes e mulleres que vivían nas cavernas por exemplo empregando barro. O libro de Rimas Mariñas segue viaxando, disfrutamos da lectura dos libros da biblioteca de aula e do recuncho do proxecto.






















































XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...