lunes, 22 de junio de 2020

CHEGOU O VERÁN

  Pois sí, chegou  verán e rematou o curso 2019-2020. Así que creo que é un bo momento para dicir que, a pesar do atípico que foi este curso escolar, foi un pracer compartir tantas cousas con todos os nenos e nenas de educación infantil.
  Antes de nada quero mostrarvos o último vídeo que recibín dunha das tarefas propostas na Aula Baobab. É Rosalía da aula do Paseo do Espolón (3 anos) que está demostrando a súa pericia coa percusión corporal. ¡Encántame ver estas cousas!
  
    E agora sí, é momento de "despedirnos" deste curso pero eu non quero que esto sexa unha despedida porque realmente non sinto que o curso remate. ¡Xa sei que si, que rematou e que estamos no verán, pero sin festival, sin vervos as caras, sin poder celebrar xuntos todo o que compartimos no curso escolar, pois non acabo de asumilo! Así que quero felicitarvos por todo o que traballástedes, por aguantar tan ben o confinamento, por ser responsables e pacientes. E quero felicitar a todas as familias pola implicación mostrada, polo esforzo realizado, por ser positivos ante todo isto, por responder a todas as propostas. Quero tamén desexarvos un feliz verán, merecido e necesario, máis que nunca.
E, aínda que empezo o vídeo diciendo que é unha despedida, non me gustaría que fora así. A Aula Baobab vai seguir activa durante o verán por si alguén de repente un día quere abrir a súa porta e entrar a ver se apareceu algo novo por alí. 
 
 Coidádevos moito, disfrutade moito e como sempre digo: empregade o voso tempo nas cousas e persoas que vos fan felices. Aproveitade para bailar, cantar, facer deporte, ler, escoitar música, ver pelis, ir a praia, pasear polo monte, falar cos amigos, pintar, escribir historias... todo o que vos gusta, porque con todas estas cousas estaredes aprendendo ao mesmo tempo que o pasades ben.
  ¡VÉMONOS EN SETEMBRO CON MOITAS GANAS DE SEGUIR APRENDENDO XUNTOS!
Gifs Animados para Compartir: Primera Carga del Mes de Enero de ...

viernes, 19 de junio de 2020

CHEGOU UNHA HISTORIA. ¿ALGUÉN MÁIS SE ANIMA?

   Xa recibín unha historia elaborada a partir dos cubos con imaxes. Noa da aula de 3 anos foi a creadora da mesma e aquí vola deixo por se queredes lela e, sobre todo, por si vos contaxia esas ganas de inventar unha propia. ¡Parabéns Noa polo teu traballo!
472 mejores imágenes de Chevo en 2020 | Alfabeto disney ...






Muchas Gracias GIFs | Tenor

miércoles, 17 de junio de 2020

¿INVENTAMOS UNHA HISTORIA?

   Hoxe temos que poñer a traballar a nosa imaxinación. Así que imos inventar historias divertidas, fantásticas, terroríficas, ecolóxicas, emotivas, cómicas, realistas, increíbles... como máis nos gusten. Calqueira historia é válida. Do que se trata é de inventar, crear, imaxinar...
   ¿Cómo o imos facer? Pois imos empregar unha técnica divertida na que o azar tamén ten o seu papel, imos xogar cuns dados que nos van proporcionar os datos básicos para compoñer o noso relato.
   Aquí vos deixo os dados. Primeiro haberá que construílos, claro.








   Unha vez construídos os dados, podemos empezar a xogar. Empregamos o número de dados que queiramos. Cantos máis empreguemos, máis datos teremos para inventar o noso relato. Así que podedes xogar con tres ou catro dados ou lanzarvos e xogar con todos eles. Tirades os dados e os debuxos que salgan (personaxes, obxectos, clima, animais...) serán os protagonistas e elementos diversos que deben aparecer na vosa historia.
   Vouvos poñer un exemplo. Eu tirei os meus dados e saíronme os seguintes elementos.
  •   un papaventos
  •   un barco
  •   un astronauta
  •   un feiticeiro
  •   unha abella
  •   un raio
  •   un home tocando a guitarra
  •   unha fada
  •   unha árbore para plantar

  Agora teño que inventarunha historia na que aparezcan todas estás cousas. A ver o que sae:

   Había unha vez unha pequena abella que buscaba unha árbore para facer a súa colmea. Como non a atopaba  e xa estaba cansa de tanto voar pediulle axuda a unha fada que pasaba por alí. A fada estaba moi ocupada porque ultimamente tiña que axudar a moita xente a solucionar os seus problemas empregando os seus poderes máxicos, así que lle recomendou que visitase a un feiticeiro que vivía no bosque. A abella que como xa sabedes estaba cansa de voar preguntoulle:
-¿E, como vou chegar ao bosque con cansa que estou, que xa me doen as ás?
E a fada respondeulle:
-Pois mira, engánchate nesta cometa que agora co vento que fai seguro que chega ao bosque nun vira-vira.
A abella enganchouse no papaventos pero o vento era tan forte que  abella non era capaz de manexar o seu medio de transporte persoal e pasou voando polo bosque a toda velocidade e, mentres o feiticeiro miraba cara arriba abraiado, colleu altura e foi subindo e subindo, atravesou unha tormenta esquivando un raio amenazante que case destroza o papaventos e chegou finalmente a un lugar estraño. A abella non sabía onde estaba. Baixou do papaventos e, entón, un astronauta coa súa escafandra achegouse a ela e díxolle:
-Pero ti, abella, ¿como é que chegastes aquí á Lúa neste papaventos? Na miña vida tal cousa vin!
A abella non podía creer que chegara á Lúa e dixo:
- Pois eu non sei, señor astronauta, eu subín ao papaventos porque quería ir ao bosque a pedirlle axuda a un feiticeiro para poder atopar unha árbore onde facer a miña colmea, e empezou a soplar un vento moi forte  e o papaventos empezou a subir e subir e aquí estou. E a verdade, eu aquí árbores non vexo. A ver agora onde podo construír a miña colmea...
O astronauta quedou un pouco calado, pensativo e díxolle.
- Non te preocupes. Dentro dunha semana eu teño que volver á Terra porque xa remato a miña misión aquí. E mira que casualidade, levo na Lúa 6 meses estudando como cultivar árbores aquí e conseguín que algúns medraran un pouquiño no meu invernadoiro lunar. ¡Ven que chos mostro!
 A abella e o astronata foron as árbores que estaban alí medrando e a abella descubreu nun recuncho unha árbore pequeniña que acababa de ser trasplantada pero parecía un pouco incómoda alí na Lúa. Quedou mirando para a pequena árbore, observando as súas follas e entón o astronauta díxolle:
- Abelliña, vexo que esta árbore che gusta. Estou pensando que non parece moi feliz aquí. ¿Gustaríache que voltara con nos para a Terra e que a plantáramos alí para que ti poideras facer a túa colmea?
   A abella pensou que esa unha idea fantástica. ¡Non podía estar máis feliz!
   E así o fixeron. Voltaron á Terra. o astronauta plantou a árbore no seu xardín. A abella fixo alí a súa colmea e, cada noite, cando o sol se ocultaba e aparecía a Lúa, o astronauta saía ao xardín, sentábase á beira da súa árbore, collía a súa guitarra e tocaba as cancións máis fermosas que coñecía. A abella saía da súa colmea e disfrutando da música voaba rítmicamente arredor do seu amigo.
 E colorín, colorado este conto está rematado.

 Pois agora, podedes inventar vos as vosas historias. o importante é imaxinalas e crealas pero si, ademais, vos animadas a compartilas aquí no blog, iso xa sería xenial!


lunes, 15 de junio de 2020

¡A MOVERSE!

   Empezamos a semana con movemento, ritmo, baile e enerxía positiva. Hoxe movemos o corpo cunha canción moi animada que nos invita a bailar, saltar, xirar e, tamén, conxelarnos. Sí, hai que facer o que nos mandan na canción:
  • Dance: Bailar
  • Hop: saltar, botando como unha pelota.
  • Skip: saltar sobre un pé cada vez (como cando saltamos á comba)
  • Twirl: xirar
  • Freeze: quedamos conxelados na postura que coincida nese momento (podemos xogar a ver quen aguanta sin moverse na postura máis divertida)
¿Queredes intentalo? Pois veña, aquí está o vídeo, ¡a moverse!

E agora, outro exercicio de ritmo e percusión corporal.



    E, por último, outro exercicio moi divertido de ritmo e moita concentración: SOCO, BATE, VIRA. É un pouquiño máis complicado porque vai aumentando a velocidade, como en "Bim, Bum, Biddy, Biddy, Bum" ¿recordades?. Non importa se non sae ben no primeiro intento, é lóxico. O divertido é probar, intentalo, practicalo e co tempo ir conseguindo interiorizar os movementos e o ritmo ata lograr facelo perfecto.


     

jueves, 11 de junio de 2020

ABELLAS


    Pois hoxe imos falar un pouquiño das abellas. E ¿por qué precisamente das abellas? Pois moi sinxelo. Co gallo da conmemoración do Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos, estivemos falando da BIODIVERSIDADE. ¿Recordades esa palabra? Seguro que si.
    A biodiversidade ven sendo o conxunto de especies vexetais e animais que viven nun espazo determinado. En cada lugar hai unha serie de plantas e animais que se desenvolven alí en relación ao clima da zona, ás características do terreo, a cantidade de auga, a temperatura etc. Todos eses animais, plantas e organismos que viven nese lugar están relacionados entre sí xa que uns se alimentan dos outros, ou medran á súa carón, ou o precisan para outras funcións vitais. Por exemplo, vouvos contar unha historia moi curiosa...
  ¿Sabedes como manteñen os seus dentes limpos os cocodrilos? Pois eles non teñen un cepillo de dentes coma nos, así que precisan a axuda dun pequeno animaliño que se chama PLUVIAL. É un paxariño que se mete na boca do cocodrilo e come os restos de comida que lle quedaron entre os dentes. Así que é como si fora o seu dentista particular.
el pájaro dentista
   ¿Vedes? Os dous animais, tan distintos entre sí, colaboran e se necesitan un ao outro. O cocodrilo podería pechar a boca e comer ao pluvial pero non o fai porque necesita que os seus dentes estén limpos e sanos. O pluvial fai ese traballo de limpeza para o cocodrilo e así ten a súa comida sempre lista. Ademais o pluvial fai outra labor para o cocodrilo, xa que lle avisa co seu canto cando se acerca algún perigo. Por certo, ao pluvial Tamén se coñece co nome de CHORLITO, e non sei se vós sabedes que, ás veces, empregamos a expresión "cabeza de chorlito" cando lle queremos dicir a alguén que non pensa moito as cousas, que é un pouco insensato. Quizá esa expresión deriva do feito de que o chorlito, ou pluvial, se mete na boca dun cocodrilo e por iso supoñemos que é un pouco irreflexivo. Pero agora sabemos que sabe o que fai, que ten unha especie de acordo ou trato co cocodrilo e que ambos se axudan mutuamente.
Ver las imágenes de origen

  Historias coma esta demostran a importancia da biodiversidade, cando se rompe esa "cadea de favores" entre os seres vivos, todo se desmorona e cae, unha especie desaparece e todos os seres vivos que estaban relacionados con esa especie tamén están condenados a desaparecer.
Gifs animados de Abejas volando   E, volvemos ao principio, as abellas. ¿Por qué vos quero falar das abellas? Pois porque son fundamentais para a vida dos seres humanos. Moitos científicos e estudiosos destes temas están advertindo de que si desaparecen as abellas, os seres humanos tamén acabaremos por desaparecer en pouco tempo. De feito, as abellas foron declaradas como o ser vivo máis importante do planeta. Grazas a ela temos practicamente todo o que necesitamos para vivir, porque son as encargadas de realizar a polinización e iso implica que existan plantas e coas plantas temos alimentos, froitas, medicamentos, osíxeno etc.

  Se queredes coñecer unha fermosa lenda dos indios Cherokee sobre as abelles, invítovos a ver o seguinte vídeo. ¡Espero que vos guste!

   ¿Queres aprender algo sobre as abellas ao mesmo tempo que bailas un twist? Pois escoita esta canción.

E que tal se cantades tamén "in English, with these bees"?

  E se queres xogar un pouco podes elaborar unha abella de papel, resolver estes sudokus, fabricar un memory de animais, atopar o camiño correcto nun laberinto....






                             

   E falando de biodiversidade, é importante recordar que un día coma hoxe, un 11 de xuño de 1910 naceu Jacques Yves Cousteau que co seu barco, o Calypso, percorreu os mares do mundo achegándose con todo respeto e admiración aos animais e plantas que habitan as augas do noso planeta azul. Falaremos del e do seu legado un día destes xa queacabamos tamén de conmemorar o Día dos Océanos. Na columna da dereita, no apartado de personaxe do día, podedes ver un vídeo musical sobre Cousteau.



miércoles, 10 de junio de 2020

NOVAS DESDE AS CASAS

    Hoxe quero compartir con todos vos as últimas imaxes que recibín de todo o traballo que están facendo os nenos e nenas coas súas familias. Desde aquí quero facer un recoñecemento a todas as familias de infantil porque estades facendo unha gran labor cos máis pequenos nesta situación tan atípica. A verdade é que é moi gratificante comprobar con que espíritu tan positivo estades afrontando todo isto e ver as imaxes dos peques escribindo, debuxando, cantando e bailando, pintando, recitando poemas, escoitando un conto, facendo ioga... ¡é emocionante! ¡Parabéns por ese interese nas propostas que se fan desde os blogs de infantil e por ese afán en manter a conexión co cole e as profes! 
    Eu póñome moi contenta cada vez que recibo imaxes e vexo caras felices, concentradas, pensativas, relaxadas, curiosas... todo iso é unha mostra de que siguen aprendendo cousas novas cada día.
     Hoxe teño varias imaxes de  Rosalía e Noa, da aula do Paseo do Espolón (3 anos) e de Carlota da Sementeira (5 anos). ¡Parabéns chicas, bo traballo!

     Como vedes Rosalía respondeu a todas as propostas da Aula Baobab: fixo o círculo cromático, escooitou os contos do colibrí Rafara e A verdadeira Historia das cores, pintou con acuarelas, fixo ioga, realizou os exercicios de ritmo e figuras musicais, diseñou mascarillas, investigou sobre África, fixo unha ficha informativa sobre a xirafa... ¡Cantas cousas!






 






 


  Noa tamén fixo o seu diseño de mascarilla, ou mellor dito, unha Frozen-mascarilla coa N de Noa ben grande, o cal é boa idea xa que, ás veces, resulta difícil recoñecernos uns aos outros coa cara tan tapada. Así que facer mascarillas con algunhas pistas pode ser práctico.

   Carlota, que tamén imoito e xa me mandou moitas cousas con anterioridade, hoxe quixo compartir os seus traballlos sobre o Día dos Océanos que celebrou coa súa amiga a Caracola Manola.



    E agora vou continuar preparando a entrada de mañán que vai ser moi interesante. ¡Disfrutade do día e, unha vez máis, grazas pola vosa resposta e parabéns polo voso traballo!


lunes, 8 de junio de 2020

¡QUEREMOS OCÉANOS LIMPOS!

  O venres falamos do medio ambiente e a importancia da BIODIVERSIDADE. Hoxe é importante reflexionar sobre a importancia de coidar os nosos mares e océanos. A contaminación, en especial o plástico que enche as augas de xeito tremendamente preocupante, o quentamento do planeta que fai que as augas tamén se quenten, os xeos se derritan e o nivel do mar suba, a pesca excesiva, o tráfico mariño ...todo isto está facendo que moitas especies de animais estén en perigo de extinción. 
   Agora que estamos empregando tanto as luvas e as mascarillas, ademais xa da cantidade de plásticos que día tras día usamos, temos que reflexionar sobre a nosa responsabilidade na contaminación dos océanos. Greenpeace iniciou unha estupenda campaña para recordarnos que non debemos tirar ese tipo de residuos en calqueira lugar porque o mar comenza xa nas nosas cidades desde o momento en que os sitemas de desagües e alcantarillados rematan no mar. Algúns concellos están apoiando esta iniciativa pintando avisos coma estes nas súas alcantarillas. ¡Recordade, o mar comenza nas nosas cidades! ¡Coidade o mar! ¡Os animais mariños estarán agradecidos! ¡Se eles morren, nós tamén!








   Aquí podedes ver algúns animais mariños en perigo de extinción (clicade na imaxe para acceder).

    E si queredes facer algunha actividade para conmemorar hoxe o Día os Océanos, e para recordar a importancia de coidar a BIODIVERSIDADE, aquí vos deixo algunha idea, pero xa sabedes que a vosa imaxinación é o máis importante así que podedes crear os vosos  debuxos e pancartas, manualidades ou xogos, para facer fincapé na necesidade urxente de coidar o noso entorno natural.

   E, como sempre, a poesía está presente na aula Baobab. ¡A ver quen disfruta máis lendo e memorizando estas fermosas poesías que teñen que ver co mar!
 


FELIZ DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


de delfines (con imágenes) | Delfines, Imágenes de delfines, Gif ...







KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...