O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, que os nenos e nenas vaian desenvolvendo o gusto por investigar, por buscar respostas, por aprender de xeito activo sendo os artífices do seu propio aprendizaxe. Encantaríame que, pouco a pouco, foran adquirindo habilidades para buscar información, desenvolvendo a curiosidade, mellorando a memoria e a asociación de diferentes contidos e acadando unha motivación interna que os faga moverse e estar activos no seu proceso formativo.
Teño que dicir que xa hai un grupiño na aula que vai entrando nesta dinámica e que disfruta moito investigando na casa e traendo respostas ao cole. Por iso quero felicitar a Indira, Irea, Mateo Lobato, Carla, Noel... que están sendo moi activos neste xogo e chegan con moita ilusión cada vez que investigaron algo. A verdade é que aprendemos moitas cousas, ás veces abrimos novos camiños porque a búsqueda dunha resposta se desviou un pouco da ruta marcada pero iso tamén é xenial xa que chegamos a outras aprendizaxes. Así que nunca temos que desmoralizarnos por non acertar á primeira porque ata dun erro podemos aprender outra cousa diferente. Non hai fotos de todos os retos porque, nalgúns casos, non traen as respostas escritas e por iso non hai imaxe pero imos facer un pequenp resumo das cuestións plantexadas.
1.- Como é o quetzal, e onde vive?
O quetzal ten unhas plumas moi vistosas, longas de cores vivos, verde aguamarina, turquesa e vermello. Viven en América Central principalmente. Os reis e sacerdotes mayas e aztecas empregaban as súas plumas para facer coroas e tocados. O quetzal aparece na bandeira de Guatemala, e a súa moeda é o quetzal. A serpe emplumada dos mayas e aztecas chámase Quetzalcoatl, un deus que é unha mestura de paxaro e serpe, e que xa coñecemos porque aparece na Pirámide Escalonada de Kukulcán. O quetzal métese nos buratos que fan os paxaros carpinteiros.
2.- Por que os flamencos son rosas?
Os flamencos teñen esa cor a causa das algas e gambas que comen.
3.- Que ten de peculiar o kiwi, un ave que curiosamente non ten algo que teñen as aves?
O kiwi é un ave moi peculiar de Nova Zelandia, ten o tamaño dunha galiña aproximadamente, é moi redondiño e que máis chama a atención é que non teñen alas. Realmente sí que as teñen pero son diminutas, simples vestixios minúsculos dunhas alas quenon se ven porque están ocultas baixo o plumón, xa que tampouco teñen auténticas plumas. Son aves non voadoras,
4.- Xa sabemos que o martiño peixeiro foi ben estudiado para copiarlle a forma do seu pico e aplicar esa morfoloxía ao deseño do tren bala de Xapón. Pois para deseñar avións tamén se imitou a morfoloxía do halcón peregrino, a ave máis veloz. Que avión copia esa forma do halcón peregrino?
Desde fai miles de anos, o ser humano sempre tivo interese por voar e admirou esa capacidade que só as aves posúen. Por iso non é extraño que para diseñar os avións, se buscara inspiración en diversos paxaros que surcan o ceo veloces, estables e seguros. Probablemente hai moitas aves que poden ser tomadas como modelos para diseñar aeronaves, pero frecuentemente aparece o halcón peregrino como posible inspiración xa que é a ave máis veloz do mundo e mostra unha destreza e precisión insuperable cando se lanza sobre a súa presa, por iso a súa aerodinámica foi estudiada para deseñar o Bombardeiro B-2 e o Blackbird.
Ademais dos retos de investigación seguimos organizando o avecuncho con moitos libros, aves de xoguete, fotografías, manualidades con materiais de refugallo, debuxos, puzles etc.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario