sábado, 30 de noviembre de 2024

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, pero tamén practicamos destrezas e habilidades diferentes relacionadas coa lóxica-matemática ou a lecto-escritura (na que estou percibindo moitísimos avances realmente). Seguimos propoñendo retos e parece que máis pementeiros/as se van animando a investigar, o cal me encanta porque vexo que imos desenvolvendo importantes capacidades (a memoria, a curiosidade, a paciencia,  a responsabilidade, a perseverancia, a automotivación...) que eu considero fundamentales para xerar aprendizaxes significativas e duradeiras.

   Os paxaros están moi presentes na literatura popular, nas cancións e poemas en todas as linguas do mundo, tamén na nosa, no galego. Coñecemos un paxaro chamado mazarico, escribimos unha estrofa du canción popular Mazarico Pico Pico... Moitos pementeiros/as xa poden escribir de xeito autónomo, sen a miña axuda practicamente. É estupendo! Eu orgullosa destes avances e eles/as felices porque ven que son moi capaces de facer cousas que antes pensaban que eran difíciles.





































Seguimos resolvendo retos,por exemplo:
1.- Cales son as aves máis comúns nos ríos galegos? Hai moitos paxaros nas beiras dos nosos ríos e, obviamente, cando buscamos en internet aparecen todas elas, algunhas son máis habituais, outras menos, algunhas viven moi preto do río, alimentándose dos peixiños ou outros seres vivos que medran nese entorno acuático, e outras viven cerca do río pero o seu modo de viva ten máis que ver co bosque. Por iso tamén é complexo concretar. Así que as investigacións feitas son válidas. Irea e Mateo trouxeron o resultado da súa investigación nun papel porque tamén lles gusta debuxar o que investigan e aprenden.


Se clicades no enlace que vos puxen aquí abaixo (en azul) podedes acceder a unha magnífica páxina na que podedes ver as aves que viven preto dos noso ríos. Nós seleccionamos dúas delas para facer unha actividade impresa: o martiño peixeiro (ou picapeixe) e o merlo rieiro. Buscade no enlace a ver cal de todas as aves que aparecen vos gusta máis.



























2.- Cal é a ave que máis cantarina, e pode imitar sons variados, de feito en latín chamábanlle MIMUS (por esa capacidade de imitar)?

  Esta pregunta era un pouco máis imprecisa pero foi moi interesante o resultado da investigación. Eu ía un pouco máis  cara o xénero Mimus ao que pertence a CALANDRIA, que é unha das aves que aparece en poemas xa desde a Idade Media como exemplo de canto melodioso e evocador, por exemplo no Romance del Prisionero, ou xa máis preto dos nosos días no poema ¡A volar! de Rafael Alberti que xa lles lin en máis dunha ocasión aos nenos/as e que traballeremos en profuncidade prontiño.

   Varios pementeiros/as investigaron sobre aves cantoras e todos parece que chegaron a un punto converxente, unha ave espectacular que canta moi ben e tamén é unha gran imitadora, xa que pode imitar o canto doutras aves, as voces e cantos de persoas (ata dunha soprano), e os ruídos de diferentes máquinas como unha cámara fotográfica, unha motoserra, o motor dun coche etc. : a LIRA SOBERBIA. 

     Parabéns para os investigadores/as Mateo Bello e Lobato, Irea, Noel, África e Indira.























   3.-Qué parte do corpo dunha avepode indicarnos que é acuática? Como podemos saber se un ave é acuática só mirando esa parte do seu corpo? 
 Irea e Leo investigaron sobre as aves acuáticas. Leo trouxo o nome de moitas aves acuáticas como a gaviota, o pato, o pelícano, o flamenco, a grulla, o somormujo etc. e Irea averiguou que pola forma das patas das aves podemos saber se son aves acuáticas xa que estas teñen unha membrana entre os dedos que lles permite nadar e desplazarse (como se foran remos, palas
4.- Qué pintor facía uns debuxos, normalmente en branco e negro, no que aparecen transformacións de aves en peixes, ou viceversa, nos que aparecen elementos que se van transformando noutros? 
Para que a búsqueda resultase máis doada, mostrei un par de imaxes de maneira que se chegaban a elas coas pistas poidesen ter a seguridade de que ían ben encamiñados. E ademais temos un "puzle perpetuo"na aula que eu precisamente merquei no museo dese pintor.



  E tres intrépidos investigadores, Leo, Mateo Lobato e Irea descubriron que ese xenial e creativo artista é o holandés ESCHER. Así que despois de coñecelo pintamos unha das súas creacións, observando con atención onde había un ave e onde un peixe porque uns e outros se entrelazan formando unha especie de mosaico.




 











   E por hoxe creo que xa contamos moitas cousas. Como vedes facemos moitas cousas, aprendemos un montón e xa os pementeiros/as están convertíndose en expertos e expertas investigadoras. Xenial! Seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...