jueves, 23 de junio de 2022

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO E FESTA DE GRADUACIÓN

     E chegamos ao remate. Agora sí, agora é tempo de vacacións, de ir á praia, de durmir un pouquiño máis, de viaxar, de pasar máis tardes en familia... pero espero que tamén haxa tempo de ler, de pintar, de cantare bailar, de investigar e de aprender porque non só se aprende no cole nin moito menos. 

   Supoño que esta será xa a última entrada deste blog de aula e veredes as últimas tarefas, xogos e retos que fixemos na Pementeira e a celebración da graduación xunto co cumpleanos de Carmen García.

    Espero que disfrutedes vendo estas imaxes e que vos quede un bonito recordo deste curso que compartimos. Eu teño moitos recordos estupendos destes pementeiros e pementeiras e sei que van seguir pasándoo moi ben na nova etapa que empezarán no mes de setembro.















































































































































    O último reto do curso consistía en averiguar en que cidade europea con canales e unhas casas cunhas fachadas moi características rematadas en forma triangular ou con "escalóns" hai moitas bicis. este reto xurdeu porque lemos un conto moi divertido titulado "A cidade das bicis" na que aparecía máis ou menos representada esta coñecidísima cidade europea. Mauro, Jimena, Rosalía, Triana e Carmen averiguaron que a cidade é Amsterdam.


    O martes no recreo fixemos unha merenda moi especial cos compañeiros e compañeiras da aula "A Sementeira" e aproveitamos un montón de comida deliciosa que quedara da festa do día anterior. ¡Vaia comilona nos pegamos!
















  Últimos momentos de xogo no patio e remate do mural do Día da Paz.





























   E agora, xa por fin, a nosa festa de Graduación e Fin de curso con actuación do mago Vituco incluída!







































































 E buscamos uns minutiños apurados para celebrar que Carmen xa ten 6 anos, ¡parabéns, campeona!


E por último, disfrutamos da actuación do mago, entregamos materiais e fin do curso 2021-22. ¡Qué rápido pasou!













































¡BO VERÁN A TODAS/OS!

PERFECCIONANDO ASANAS

     Seguimos mellorando as asanas de ioga e, coa chegada da primavera, aproveitamos para facer exercicio ao aire libre. ¡Está xenial practi...