sábado, 14 de noviembre de 2026

LUCECÚS

    O Proxecto Pharos vai avanzando. Pouco a pouco imos facendo investigacións, experimentos e diferentes actividades que nos van proporcionando aprendizaxes de diversos temas relacionados coa luz. 

    Na nosa porta de entrada a infantil temos xa unha imaxe que nos recorda cada día que a luz é a protagonista na nosa aula e quenos vai iluminar neste camiño de aprendizaxe que percorremos no cole. Neste mural aparecen varios elementos sobre os que xa estamos recollendo información e realizando tarefas.



  Tamén seguimos completando o noso Recuncho Luminoso, o Farocuncho, que ten un montón de libros, fotos e obxectos variados relacionados coa luz.




 
 





  Un dos temas máis interesantes relacionados coa luz é a BIOLUMINISCENCIA, a capacidade que teñen algúns seres vivos de emitir luz. E un deses seres vivos, un pequeno insecto que todos coñecemos é o LUCECÚ ou VAGALUME. Na aula estivemos aprendendo moitas cousas sobre os lucecús. Fixemos tamén unha actividade impresa, unha tarefa plástica e un vídeo recopilando algúns datos sobre estes insectos bioluminiscentes.










































 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

LUCECÚS

    O Proxecto Pharos vai avanzando. Pouco a pouco imos facendo investigacións, experimentos e diferentes actividades que nos van proporcion...