sábado, 20 de diciembre de 2025

FESTA DE NADAL

   Chegou o remate do trimestre e non sei a vós, pero a min pasóuseme rapidísimo. É certo que o tempo voa. No cole tivemos festa rachada cun montón de actividades variadas, na Pementeira fixemos a entrega oficial dos traballos do trimestre e ata celebramos (brevemente pero non había tempo para máis) un aniversario. Foi un día ben completo, non houbo un segundiño de calma, as diferentes actividades foron sucedéndose a ritmo constante, os nenos e nenas estaban elegantísimos/as e con ganas de celebración, houbo nerviosismo, risas, apertas, cancións, chuches, merendola, xogos, badaladas, baile e moita diversión. É certo que algúns nenos/as da Pementeira se sentiron un pouco abrumados xa que todo era novo, diferente ao que facemos cada día, rompemos as rutinas cotiás completamente e iso, en infantil, provoca desconcerto e confusións nos nenos/as que xa non saben en que momento do día están. Pero outra aprendizaxe máis, ás veces vivimos situacións que non controlamos completamente pero aínda así podemos disfrutalas e aprender moitas cousas delas. 

    A primeira vivencia do día foi recibir a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que viñeron en coche porque os camelos estaban descansando un pouco, como eles non caben no ximnasio, preferiron quedar relaxándose mentres Melchor, Gaspar e Baltasar atendían a todos os peques.




















 


































   A contiación tocounos presenciar unha sesión de maxia moi divertida.






















































 A continuación fixemos a entrega das bolsas co posado oficial e despois rapidamente merendola conxunta na aula de psico.








































  Tras a merenda tocounos ir de novo ao patio cuberto para pasalo ben cos xogos tradicionais.
































   E. por último, chegou o momento das badaladas. Antes de tomar as uvas cantamos xuntos unha panxoliña empregando ademais das nosas voces a lingua de signos e , inmediatamente despois, chegou o momento de seguir a tradición das doce uvas para iniciar con sorte o 2026. Este ano o acto contou con dous presentadores fantásticos, Cristina e Tirso, que o fixeron bárbaro!

            
             
                                      
                                    
                                        

                                         
                                         
                                        
                                         
                                         
                                         
                                          





                                   

                                   





















        

 
                                      
                                        
                                        
                                       

 E xa aproveitando uns minutos soltos celebramos o aniversario de Manuel, o último pementeiro en cumplir 3 anos. El estaba moi contento pero o día non era o ideal para que  tivera o seu tempo de protagonista. Intentamos darlle igualmente todo o noso cariño neste día especial.




PARABÉNS, MANUEL!!!

   E así rematamos o primeiro trimestre do curso 2025-26. Eu espero que os avances,logros e aprendizaxes feitos polas nenas e nenos desta aula de 3 anos sexan visibles para vós e que os valoredes xa que todas e todos deron pasos adiante, en relación co seu nivel madurativo, os seus intereses, as súas diferentes habilidades e capacidades, pero todas/as dun xeito ou outro medraron, aprenderon, avanzaron no seu proceso madurativo e formativo. No caderniño de actividades impresas que levaron haiun informe de avaliación  que recolle un pouco as diferentes actividades e vivencias, os progresos feitos e, tamén, algunha das dificultades que podemos ter no día a día da aula (que, normalmente veñen derivadas da propia inmadurez dos nenos e nenas, que é o máis lóxico a estas idades, pola necesidade de atención que teñen e pola dificultade de asumir unhas normas concretas da escola que son precisas para poder atendelos a todos, para ter un ambiente cun mínimo de organización para poder realizar diferentes tarefas e, tamén, por cuestións da súa propia seguridade e benestar). É unha pequena reflexión a modo de resumo deste primeiro trimestre. Penso que, a través do blog, tedes bastante información de todo o que imos facendo, xa que o traballo no cole non se reduce a unhas fichas. Hai moitas experiencias, vivencias e aprendizaxes que non se recollen nun papel.
    Eu creo que foi un trimestre bastante completiño así que as miñas felicitacións para os nenos e nenas e para vós tamén que colaborades para que todofuncione perfectamente.
    A disfrutar do Nadal! Boas festas e vémonos en xaneiro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTA DE NADAL

   Chegou o remate do trimestre e non sei a vós, pero a min pasóuseme rapidísimo. É certo que o tempo voa. No cole tivemos festa rachada cu...