viernes, 26 de febrero de 2021

PEMENTEIRA PRODUCTIONS

   Durante o confinamento, iniciou a súa andadura "Pementeira productions", un novo programa que facemos desde a aula ou desde as nosas casas, en caso de que sexa necesario. Este programa sirve para presentar diferentes contidos, do tipo que sexa, que dun xeito ou outro traballemos na Pementeira. Noutros cursos, a min gustábame moito preparar libros viaxeiros que cada día ían á casa dun alumno ou alumna para disfrutalos en familia, e tamén para deixar neles comentarios ou suxerencias. Como este ano nos protocolos covid se recolle que non se deben enviar materiais da casa ao cole e viceversa. estamos facendo moitas actividades empregando o vídeo. Así que agrupar certas explicacións, presentacións, actividades diversas que recollen o traballo de aula e as propostas que se poden desenvolver en familia, pareceume interesante; así que hoxe preséntovos unha recopilación das tarefas de investigacións de varios/as pementeiros/as sobre os animais en perigo de extinción nunha nova edición de Pementeira productions.

   Dame moito gusto ver todo o que poden facer estes nenos e nenas, como melloran a súa expresión oral, como se esforzan para explicar as cousas, como exercitan a memoria, como van gañando confianza en si mesmos, e o ben que se sinten cando ven que son capaces de transmitir tanta información e comproban que compartindo as aprendizaxes, todos aprendemos moito máis.




miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

    De novo un aniversario para celebrar na Pementeira. Hoxe tocoulle o turno, nada máis e nada menos, a Rosalía de Castro. Por iso o día de hoxe estaba adicada a esta poetisa de Padrón. A semana pasada estivemos traballando un poemiña moi fermoso de Rosalía  ("Cando a luniña aparece") que fala da tristura que nos fai sentir o feito de perder a alguén que queremos, pero tamén falamos do importante que é recordar sempre aos que xa non están connosco porque todos seguiremos sempre vivos mentres alguén nos recorde, verdade? Ademais de ler e reflexionar sobre o poema, fixemos unha bonita gravación na que participaron todos os nenos/as da aula.


    Hoxe  fixemos unha actividade impresa coa primeira estrofa do poema "Cando a luniña aparece" e despois cada neno/a tivo a sorte de recibir un libriño dos Bolechas sobre Rosalía de Castro, un agasallo do Concello de Padrón, que levaron para casa.








































martes, 23 de febrero de 2021

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

        Hoxe iniciamos a xornada con un conto moi bonito, moi sinxelo pero moi profunco á vez, xa que fala dalguén que precisa un pouco de cariño, fala da decepción, fala dos prexuizos e fala de como sempre podemos atopar a alguén que nos comprenda e comparta os mesmos sentementos que nós. Como normalmente fago, tras rematar a lectura iniciamos unha conversa sobre eses aspectos que se plantexan na historia e sobre o significado da palabra "decepcionado"(a pesar de que neste grupo de pementeiros/as propoñer momentos de reflexión sempre costa un pouquiño). Xa sabedes que me gusta moito que vaian integrando novo vocabulario nas súas conversas e que co tempo a súa expresión oral e escrita sexa máis precisa e rica. Un bonito agasallo que lles podemos facer aos nenos e nenas é regalarlles novas palabras, podedes ir anotando as palabras novas que xurden nun conto, nunha conversa, nunha canción, nun documental... onde sexa e así ir comprobando canto aprenden co paso dos días. Na aula imos facendo ese tipo de actividades aínda que cando voltamos do confinamento apareceu rota a nosa "Árbore das palabras novas" e teño que ver se podo reparala...


     Xunto antes de que nos confinaran, eu plantexara un reto sobre os animais en perigo e extinción. Como recibín bastantes traballos sobre ese tema (estou recpilando todos os vídeos que me enviástedes para facer unha presentación conxunta), que parece que lles resultou interesante aos pementeiros/as, agora estamos recollendo algunha información nunhas fichas. Hoxe estivemos anotando cales son as principais causas que provocan que certas especies animais estén a piques de desaparecer.




















    Seguimos intentando facer certas actividades disfrutando da música, buscando a relaxación, nun ambiente agradable no que podemos estar todos xuntos sin berrar ... Non sempre o conseguimos pero hai momentos estupendos que me gusta compartir convosco para que comprobedes que no cole se está requetebén aprendendo un montón de cousas interesantes e divertidas. Encantaríame que, entre todos, conseguíramos que nenos e nenas viviran o feito de compartir 5 horas cada día todos xuntos nunha aula como algo positivo e significativo. 


XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...