viernes, 26 de febrero de 2021

PEMENTEIRA PRODUCTIONS

   Durante o confinamento, iniciou a súa andadura "Pementeira productions", un novo programa que facemos desde a aula ou desde as nosas casas, en caso de que sexa necesario. Este programa sirve para presentar diferentes contidos, do tipo que sexa, que dun xeito ou outro traballemos na Pementeira. Noutros cursos, a min gustábame moito preparar libros viaxeiros que cada día ían á casa dun alumno ou alumna para disfrutalos en familia, e tamén para deixar neles comentarios ou suxerencias. Como este ano nos protocolos covid se recolle que non se deben enviar materiais da casa ao cole e viceversa. estamos facendo moitas actividades empregando o vídeo. Así que agrupar certas explicacións, presentacións, actividades diversas que recollen o traballo de aula e as propostas que se poden desenvolver en familia, pareceume interesante; así que hoxe preséntovos unha recopilación das tarefas de investigacións de varios/as pementeiros/as sobre os animais en perigo de extinción nunha nova edición de Pementeira productions.

   Dame moito gusto ver todo o que poden facer estes nenos e nenas, como melloran a súa expresión oral, como se esforzan para explicar as cousas, como exercitan a memoria, como van gañando confianza en si mesmos, e o ben que se sinten cando ven que son capaces de transmitir tanta información e comproban que compartindo as aprendizaxes, todos aprendemos moito máis.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...