sábado, 1 de julio de 2023

FIN DE CURSO

     Rematou o curso 2022-23 e espero que a todos e todas nos quedara un bo sabor de boca e que nas nosas memorias permanezcan recordos agradables deste primeiro ano de escolarización dos pementeiros/as. 

    Sei que esta última entrada do blog tardou un pouco en chegar pero por fin comparto con todos vós as últimas imaxes que mostran a graduación dos nenos e nenas de 5 anos (que marchan xa para primaria) e o Festival de Fin de Curso. Foi moi bonito estar todos/as xuntos/as aplaudindo e felicitando a estes chicos e chicas que xa medraron tanto que nos deixan para pasar a primeiro. As profes Ana e Marta entregáronlle unha medallas e uns diplomas e sacaron moitas fotos para que sempre recorden esta etapa de infantil. Nós aplaudimos moito  e disfrutamos vendo as caras de orgullo destes peques que xa non son tan peques e que teñen esa ilusión por unha nova etapa e por descubrir novos mundos.












   Na Pementeira entregamos os noso traballos e as notas dentro dunhas bolsas decoradas cun motivo moi de verán, porque hai ganas de praia.






















  E xa por último, chegan as fotos e o vídeo do Festival. Sei que  todos/as vós tedes o voso propio vídeo por suposto, e que xa estivéchedes vendo a estupenda actuación en directo pero sempre me gusta compartir imaxes dese día festivo e emocionante porque é unha xornada que vivimos todos/as xuntos/as e que reflexa o traballo de moitos días, a colaboración de todo o equipo de infantil (profes e nenos/as) e que é un remate do curso alegre, divertido, e cheo de boas vibracións.

                             ¡Listos para actuar como auténticos artistas!








































































                  
































   E con todo isto, con estas imaxes cheas de sorrisos, de enerxía, de amizades, xogos, festa, diversión e espontaneidade, despedímonos ata o vindeiro curso. Espero e desexo que todos e todas pasedes un verán fantástico e que aproveitedes para disfrutar do bo tempo, da familia,  e das actividades que máis vos gusten  (e que ás veces durante o inverno non temos moito tempo para levalas a cabo), e que á volta, no mes de setembro, os nenos e nenas cheguen con enerxía renovada, con novas ilusións e con ganas de seguir aprendendo cousas no cole.

XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...