sábado, 27 de noviembre de 2021

26 DE NOVEMBRO:TINA TURNER E CURIOSITY

       Un 26 de novembro naceu a carismática Tina Turner e un 26 de novembro chegou a Marte o Curiosity. 

      Así que aproveitamos para empezar a xornada ao ritmo da intensa  música desta artista potente, enerxética, forte que é a incomparable Tina Turner; unha muller que nos recorda, tamén, que ninguén nos pode frenar se nós queremos loitar polos nosos soños. Nesta semana que tanto se fala da necesidade de erradicar a violencia contra as mulleres, que se reivindica a posición da muller nunha sociedade que aínda se mostra reticente a cambiar moitos comportamentos sexistas, e que se intenta traballar naquelas estratexias que transformen normas sociais dañinas e empoderen ás mulleres, resulta perfectamente axeitado facerlle unha pequena homenaxe a Tina Turner que foi quen de saír dunha situación de maltrato e iniciar unha exitosa carreira musical que lle proporcionou o respecto e admiración do mundo enteiro.



  E do cumple de Tina Turner, pasamos agora ao último reto plantexado na Pementeira. Antonte estivemos vendo un pequeno robot que temos na aula e que captou toda a atención dos nenos e nenas...
   Falando deste robot explorador, propuxen que investigaran sobre un robot parecido a este que un 26 de novembro de 2011 chegou a un planeta do noso sistema solar para exploralo e mandarnos información.
   Aínda que ninguén trouxo o reto resolto na súa totalidade, teño que felicitar a Rosalía e Mateo porque os dous se acordaron de investigar e ían moi ben encamiñados. Ambos trouxeron respostas axeitadas xa que descubriron que o planeta visitado por un robot foi Marte, o planeta vermello e ademáis Mateo descubreu que o Opportunity chegou a Marte o 25 de xaneiro de 2004. ¡Parabéns investigadores! ¡Moi bo traballo!

    Pois ben, o robot que chegou a Marte o 26 de novembro de 2011 foi o Curiosity (Curiosidade), unha palabra que a min me encanta xa que, como lle explico sempre aos nenos e nenas, a curiosidade é a que nos leva a aprender, a avnazar, a mellorar, a evolucionar. Si temos ganas de descubrir cousas, iso fará que nos activemos e pasemos á acción, por iso para min é moi importante deixar cousas sin resolver na aula, precisamente para promover esa curiosidade nos máis pequenos, esas ganas de descubrir que os levará a aprender moito máis.



CURIOSITY


                                          




    E aproveitamos para ver un fantástico libro sobre Curiosity e ler un conto moi divertido duns hipoastronautas moi peculiares que nos fixeron botar unhas boas risas todos xuntos.



















miércoles, 24 de noviembre de 2021

ARTISTAS E MUSAS

      Este proxecto musical está facendo que disfrutemos moito no cole xa que sempre atopamos momentos para coñecer novos artistas (cantantes de todos os estilos, compositores de èpocas diferentes, grupos musicais melódicos, pop ou rockeiros...) e para bailar ao ritmo da súa música. Estes días estivemos lendo historias sobre os Beatles e os Rolling Stones, coñecemos algunhas das súas cancións máis famosas, imaxes representativas deles etc. Tamén nos estamos achegando ao mundo do ballet a través do "Crebanoces" de Tchaikovsky co que, ao mesmo tempo, nos imos adentrando no espíritu do Nadal que xa está ás portas.
























     E, claro, con tanto falar de  arte e artistas, ao final xurden fermosas palabras que nos levan a mundos máxicos como a mitoloxía grega que está tan presente na nosa linguaxe. E así foi que onte apareceu a palabra MUSA nunha conversa e como ninguén sabía o que era iso pois non quedaba máis remedio que investigalo. ¡Novo reto! ¿Qué son as musas?
     E hoxe varias intrépidas investigadoras e investigadores trouxeron a resposta. As MUSAS eran as fillas do poderoso deus Zeus e Mnemósine. Eran nove divinidades que se achegaban aos artistas, filósofos, historiadores, poetas etc. para susurrarlles ideas e transmitirlle potencial creativo. Así explicaban os gregos da antigüedade o feito de que determinadas persoas se adicaran a actividades máis abstractas e creativas e tiveran esa capacidade intelectual, orixinal e artística. As musas normalmente acompañaban a Apolo que era o deus da Música e patrón das Belas Artes. Cada musa representaba unha actividade concreta, por exemplo a Musa da Música era Euterpe que se representa tocando unha frauta dobre que se chama AULÓS. Outra musa moi coñecida era a da danza que se chama Terpsícore, ou a da Historia que é Clío...

      E aquí están as investigadoras e investigadores que superaron este novo reto: Carmen López, Aarón, Jimena, Mauro, Carmen García e Noa. ¡Parabéns a todos eles!


domingo, 21 de noviembre de 2021

PASAPORTE LECTOR

     A nova máis importante desta semana que xa rematou é que iniciamos, por fin, a rutina do Pasaporte Lector. Cada venres, os nenos e nenas poderán elexir un libro para levar a casa e ler en familia. Co libro viaxará un caderniño de fichas para que os /as lectores/as cubran unha especie de sinxelo rexistro dos libros que van lendo ao longo deste curso. Como xa lles expliquei a eles/as na aula, é unha actividade completamente voluntaria, o neno/a que non queira levar libro a casa non ten obriga de facelo. Para min ler é unha actividade pracentera e non pretendo que os meus alumnos a perciban como "os deberes do fin de semana que nos manda a profe" porque non así, ben ao contrario é un premio poder disfrutar dun bonito libro e dunha historia interesante na tranquilidade da casa compartindo o momento coa familia. Tamén me gustaría que a "ficha" se fixera con ganas e interese, como un xeito de rexistrar as lecturas que van facendo, para non repetir e para ir valorando cada libro (si lles gustou ou non) e, de paso, ir practicando a escritura nun contexto relaxado, na familia e con naturalidade (porque ler e escribir non é unha tarefa escolar, é unha actividade presente nas nosas vidas que realizamos constantemente de xeito natural).

    Espero que cada neno/a mostrara na casa a alegría que desprendían no cole cando lles tocou elixir libro e preparar a súa bolsa para levar a casa.





   O venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga e estivemos traballando por parellas a forza, o equilibrio e as torsións. Todos/as se esforzaron moito para lograr facer estas asanas con tanta precisión. ¡Mirade!



















   Estamos tendo moita sorte co tempo e este soliño permítenos disfrutar das merendas no exterior e así respirar aire fresco e facer a mañán máis agradable con estes picnics que tanto lles gustan aos peques.



    O último reto proposto tiña que ver co exceso de peso. Como estamos facendo o noso Museo Musical, pedinlles aos pementeiros/as que investigasen a ver si atopaban a un pintor que sempre pinta personaxes gordos e que buscaran un cadro que tivese que ver coa música. Varios investigadores/as descubriron a Fernando Botero, o famoso pintor colombiano que é mundialmente coñecido por esas representacións de persoas voluminosas. Tamén atoparaon varios cadros que teñen que ver coa música (aínda que algún investigador descubriu ao pintor pero non buscou unha obra "musical"). ¡Parabéns a Rosalía, Noa, Mateo, Aarón, Teo e Mauro!



 
    E unha vez rematadas as tarefas do venres, quedáronos uns minutos para facer puzles en equipo.











KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...