O pasado venres tivemos a nosa sesión de yoga e, como xa sabedes, sempre a rematamos cun pouquiño de música e baile. Despois de concentrarnos a tope para facer as diferentes asanas, temos uns minutos para soltarnos e mover o esquelete ao ritmo do Hoky-Poky, que tamén nos divirte moito.
Nesta ocasión fixemos dúas posicións que non parecen especialmente complicadas a priori pero tamén teñen a súa complexidade: matsyasana (postura do peixe) e salabhasana (postura da langosta). E antes de nada conteilles unha historia moi bonita sobre a primeira das posicións, a do peixe.
A verdade é que fixeron unhas asanas casi perfectas. Mirade as fotos porque teño que recoñecer que se esforzaron moito. ¡Xenial!
Outra cousa que me encanta comentar aquí, é que estes pementeiros e pementeiras están moi animados cos retos de investigación e ademais de particpar na proposta tamén se animan a visitar algúns dos lugares dos que falamos. O luns Mauro chegou moi emocionado contándome que foi ver a escaleira de caracol do Museo doPobo Galego e o Atlas da Praza do Toural. ¡Estupendo por estas familias viaxeiras e amantes da cultura e a arte!
E hoxe saímos a fóra a merendar porque estaba unha mañán moi agradable e eu tiña moitas ganas de aproveitar un pouquiño estes días de sol, porque dentro de pouco xa nos metemos no inverno e seguro que xa non temos tantas oportunidades de disfrutar destes picnics.
E como estamos moi metidos no mundo da arte e estamos facendo un museo musical, hoxe coñecemos outra obra de arte relacionada co mundo da música, neste caso da danza concretamente. Trátase de "A Danza" de Matisse. Estivemos analizando o cadro, imaxinando o que representa e teño que dicir que Aarón foi o único que descubriu que estes cinco personaxes da pintura están bailando.
E aquí están Aarón, Rosalía, Mauro, Jimena e Teo reproducindo esta fermosa obra de arte.
E despois chegou o momento de pintala para poder colocar a nova obra no noso museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario