miércoles, 24 de noviembre de 2021

ARTISTAS E MUSAS

      Este proxecto musical está facendo que disfrutemos moito no cole xa que sempre atopamos momentos para coñecer novos artistas (cantantes de todos os estilos, compositores de èpocas diferentes, grupos musicais melódicos, pop ou rockeiros...) e para bailar ao ritmo da súa música. Estes días estivemos lendo historias sobre os Beatles e os Rolling Stones, coñecemos algunhas das súas cancións máis famosas, imaxes representativas deles etc. Tamén nos estamos achegando ao mundo do ballet a través do "Crebanoces" de Tchaikovsky co que, ao mesmo tempo, nos imos adentrando no espíritu do Nadal que xa está ás portas.
























     E, claro, con tanto falar de  arte e artistas, ao final xurden fermosas palabras que nos levan a mundos máxicos como a mitoloxía grega que está tan presente na nosa linguaxe. E así foi que onte apareceu a palabra MUSA nunha conversa e como ninguén sabía o que era iso pois non quedaba máis remedio que investigalo. ¡Novo reto! ¿Qué son as musas?
     E hoxe varias intrépidas investigadoras e investigadores trouxeron a resposta. As MUSAS eran as fillas do poderoso deus Zeus e Mnemósine. Eran nove divinidades que se achegaban aos artistas, filósofos, historiadores, poetas etc. para susurrarlles ideas e transmitirlle potencial creativo. Así explicaban os gregos da antigüedade o feito de que determinadas persoas se adicaran a actividades máis abstractas e creativas e tiveran esa capacidade intelectual, orixinal e artística. As musas normalmente acompañaban a Apolo que era o deus da Música e patrón das Belas Artes. Cada musa representaba unha actividade concreta, por exemplo a Musa da Música era Euterpe que se representa tocando unha frauta dobre que se chama AULÓS. Outra musa moi coñecida era a da danza que se chama Terpsícore, ou a da Historia que é Clío...

      E aquí están as investigadoras e investigadores que superaron este novo reto: Carmen López, Aarón, Jimena, Mauro, Carmen García e Noa. ¡Parabéns a todos eles!


2 comentarios:

  1. As medusas mais importantes, serán as mais venenosas 🤦‍♀️😅🤪

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O tema mitolóxico estaba presente. Pero aproveitamos tamén para falar de Medusa. O importante é ir intentándoo! Eu estou moi orgullosa de todos os que van entrando no xogo dos retos. Uns días saen perfectos e outros non tanto, pero seguimos aprendendo xuntos. Grazas por particpar e polo sentido do humor, que sempre nos fai falta na vida!

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...