sábado, 27 de noviembre de 2021

26 DE NOVEMBRO:TINA TURNER E CURIOSITY

       Un 26 de novembro naceu a carismática Tina Turner e un 26 de novembro chegou a Marte o Curiosity. 

      Así que aproveitamos para empezar a xornada ao ritmo da intensa  música desta artista potente, enerxética, forte que é a incomparable Tina Turner; unha muller que nos recorda, tamén, que ninguén nos pode frenar se nós queremos loitar polos nosos soños. Nesta semana que tanto se fala da necesidade de erradicar a violencia contra as mulleres, que se reivindica a posición da muller nunha sociedade que aínda se mostra reticente a cambiar moitos comportamentos sexistas, e que se intenta traballar naquelas estratexias que transformen normas sociais dañinas e empoderen ás mulleres, resulta perfectamente axeitado facerlle unha pequena homenaxe a Tina Turner que foi quen de saír dunha situación de maltrato e iniciar unha exitosa carreira musical que lle proporcionou o respecto e admiración do mundo enteiro.



  E do cumple de Tina Turner, pasamos agora ao último reto plantexado na Pementeira. Antonte estivemos vendo un pequeno robot que temos na aula e que captou toda a atención dos nenos e nenas...
   Falando deste robot explorador, propuxen que investigaran sobre un robot parecido a este que un 26 de novembro de 2011 chegou a un planeta do noso sistema solar para exploralo e mandarnos información.
   Aínda que ninguén trouxo o reto resolto na súa totalidade, teño que felicitar a Rosalía e Mateo porque os dous se acordaron de investigar e ían moi ben encamiñados. Ambos trouxeron respostas axeitadas xa que descubriron que o planeta visitado por un robot foi Marte, o planeta vermello e ademáis Mateo descubreu que o Opportunity chegou a Marte o 25 de xaneiro de 2004. ¡Parabéns investigadores! ¡Moi bo traballo!

    Pois ben, o robot que chegou a Marte o 26 de novembro de 2011 foi o Curiosity (Curiosidade), unha palabra que a min me encanta xa que, como lle explico sempre aos nenos e nenas, a curiosidade é a que nos leva a aprender, a avnazar, a mellorar, a evolucionar. Si temos ganas de descubrir cousas, iso fará que nos activemos e pasemos á acción, por iso para min é moi importante deixar cousas sin resolver na aula, precisamente para promover esa curiosidade nos máis pequenos, esas ganas de descubrir que os levará a aprender moito máis.



CURIOSITY


                                          




    E aproveitamos para ver un fantástico libro sobre Curiosity e ler un conto moi divertido duns hipoastronautas moi peculiares que nos fixeron botar unhas boas risas todos xuntos.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...