jueves, 2 de diciembre de 2021

AVANZANDO COAS ASANAS

    O pasado venres realizamos a nosa sesión semanal de ioga e teño que dicir que notei como imos avanzando sobre todo en cuestións como o esforzo, a atención, o autocontrol e as ganas de superarse a un mesmo. Iso gustoume moito. Plantexei unhas asanas  que non son sinxelas, que implican a colocación do noso corpo dunha maneira que non é habitual no noso día a día e que, polo tanto, nos costan traballo.

    A primeira das asanas é USTRASANA, a posición do camello, unha asana que é moi beneficiosa sobre todo para persoas que pasan moito tempo sentadas e que tenden a encorvarse sobre os papeis, o ordenador ou a mesa na que na traballan. Así que para estes/as pemeteiros/as é fantástica porque tamén teñen bastante costume de acostarse sobre as mesas aínda que eu lles insisto oito en que poñan a espalda dereita e levanten a cabeza do papel. É unha posición bastante difícil e o resultado foi realmente bo en xeral. Houbo nenas/os que a fixeron realmente ben. E os que non o lograron á primeira, fixeron un esforzo importante que os levará a seguir intentándoo e facelo mellor cada vez.














                                        

   A seguinte asana tampouco é nada sinxela. Para min, persoalmente, é moi complicada. Denomínase DHANURASANA ou posición do arco. Probade na casa si vos animades, así veredes que tirar das pernas cara arriba, subir o peito e os brazos é realmente complicado e necesitamos ter flexibilidade, forza e ata equilibrio. Todo isto implica disciplina, entrenamento e forza de vontade. E todo isto o estamos traballando na Pementeira. Mirade, mirade...











                                        

                                        

                                       

     Para rematar a sesión practicamos a plancha invertida e xa nos relaxamos en BALASANA para relaxar a espalda, calmar a mente e reducir a nosa fatiga.







                                        




   Despois da sesión de ioga, outra cousa que gusta moito na Pementeira: elexir o libro do Pasaporte Lector. De feito, hoxe xa me decían na aula: "Mañán toca elixir libro do pasaporte", non vaia ser que eu me esqueza. E algúns xa teñen en mente cal queren coller. Esperemos que todos sigan mantendo as ganas de ler e de viaxar a través das palabras escritas.



2 comentarios:

  1. Vera y Gala le encanta que llegue el viernes para su sesión de Ioga.

    ResponderEliminar
  2. Nos viene muy bien a todos, a mi incluída. Estiramos músculos, nos esforzamos, intentamos colocar bien el cuerpo, respiramos profundo, nos concentramos y nos relajamos. Y yo veo que cada día se esfuerzan más y cada asana les sale mejor. Me encanta cuando las familias me cuentan que luego en casa reproducen estas sesiones. ¡Genial!

    ResponderEliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...