viernes, 17 de diciembre de 2021

A MELLOR SOPA DO MUNDO E OUTRAS COUSAS

     Esta semana estivo ben movidiña xa que, a medida que se achega o Nadal, estamos máis nerviosos, ilusionados, movidos e con tanta panxoliña os ánimos suben e as ganas de concentrarnos descenden. Pero o Nadal é o que ten, ganas de festa, ilusión polas visitas de elfos, Papá Noel, Reis Magos e ata Rodolfo o Reno (que tamén apareceu pola aula) e desexos de agasallos.

   Pero, aínda con todo isto, na Pementeira seguimos traballando e disfrutando, rematando cousiñas e preparando algunhas sorpresas tamén, por suposto.

   Un dos últimos contos que lemos foi "A mellor sopa do mundo".Seguro que todos coñecedes xa esta historia pero por si vos presta volver a escoitarlo na casa, déixovos un vídeo que fixen o curso pasado nun período de confinamento que nos tocou na Pementeira.


    Despois de ver como varios animaliños fixeron, entre todos, a mellor sopa do mundo, nós decidimos tamén elixir os ingredientes da nosa sopa pementeira. E aí están os ingredientes:


   Aproveitando o tema estivemos falando de unidades de medida, de como podemos contabilizar o que mercamos por exemplo en kilogramos, ou en paquetes, ou en caixas, sacos etc. e apareceu a palabra TONELADA co cal un novo reto estaba chamando á nosa porta.
   E varios nenos/as investigaron e descubriron que  1 tonelada é igual a 100 kg. Estivemos comprobando o que é 1Kg, levantándoo coas dúas mans e probando se podemos facelo só con unha para facernos unha idea do moito que é unha tonelada. E falando de kilos, pois preguntei cantos kilos pesan eles/as e ningún soubo dicirme así que levaron unha tarea para as casas: pesarse e traer anotado os kilos que pesa cada un. Casi todos/as cumpliron co encargo. Seguiremos traballando nesta cuestión...
    Por outra banda, seguimos traballando e disfrutando da música ao mesmo tempo (e como debe ser nestas datas, escoitando cancións de Nadal), practicando ioga, elixindo libros para o pasaporte lector e aproveitando o soliño para merendar fóra.
































   Tamén aproveito para felicitar aos nenos e nenas que se animaron a participar no concurso de postais de Nadal. Mirade que cousas tan bonitas fixeron Noa, Rosalía, Aarón e Jimena. ¡Parabéns!


  Fixemos moitas máis cousas, claro, pero hai que gardar algunha sorpresa para a próxima semana, ou non?
   E xa por último, para responder á proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares de facer unha felicitación de Nadal para desexarlle unhas boas festas a toda a comunidade educativa, aquí queda a aportación dos pementeiros e pementeiras. Espero que vos guste. Bo Nadal a todas as familias pementeiras!

2 comentarios:

  1. Pero que chulo ese photocall de Nadal e esa felicitación!!!
    E vaia coincidencia, que esa é a panxoliña que aprenderon os nenos da miña clase en inglés e castelán. Bicis e felices fiestas a vos tamén. 😘😘🥰

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...