jueves, 9 de diciembre de 2021

RETOS, YOGA E UN ELFO

     Como estamos a piques de rematar o trimestre, andamos mergullados en tarefas varias das que aínda non vos imos contar nadiña porque temos ganas de dar sorpresas. Así que a entrada do blog de hoxe recolle cousiñas que me quedaran no tinteiro destes últimos días de clase.

   Empezamos polos últimos retos que se propuxeron na Pementeira.

   1.- Como falamos tanto de Crebanoces de Tchaikovsky, non resultará raro que eu preguntase de onde era o seu compositor. E aquí temos a Jimena, Hugo, Mateo, Mauro, Teo e Rosalía e investigaron na casa e averiguaron que Tchaikovsky era de Rusia. ¡Bo traballo!


      2.- Falando de Tchaikovsky, aproveitamos para ver un fragmento do "Lago dos cisnes" (que é outro dos famosísimos ballets deste compositor ruso) no que bailaba un bailarín realmente impresionante. E aí xurdeu outra pregunta: ¿Quen é o bailarín ruso máis coñecido de todos os tempos? 
        E aquí están Jimena, Icía, Mauro e Rosalía coa súa resposta: Rudolf Nureyev. ¡Parabéns aos investigadores.


   Seguimos intentando traballar disfrutando da música, concentrándonos nas tarefas e así logramos moi bos resultados.


    Na última sesión de ioga, estivemos recordando asanas que xa practicáramos con anterioridade e cada neno/a foi diciendo cal eras as súas favoritas. Pido disculpas porque quedei sin batería na cámara e teño pouquiñas fotos.
  





       E, por último, só me queda comentarvos (aínda que supoño que xa o comentarían os nenos/as na casa) que o martes levamos unha sorpresa cando chegamos ao cole. Resulta que na pizarra había unha carta misteriosa chegada do Polo Norte. Xa vos imaxinaredes que os pementeiros/as estaban realmente intrigados así que non quedou máis remedio que ler a carta inmediatamente para saber que noticias contiña.


    O caso é que un elfo misterioso e parece que bastante travieso, deixou unha carta na que nos pedía que lle puxéramos un nome e así, a continuación, el iría deixando pistas no blog da biblioteca para poder atopar o liugar onde está escondido. Parece ser que anda polo cole facendo trasnadas e que se esconde requetebén. En fin, a primeira tarefa foi elixir un nome. Para iso empregamos unha técnica moi divertida que se chama "remuíño de ideas" que consiste en que soltamos todas as ideas que nos veñan á cabeza nese momento, simplemente cada un/unha foi dicindo o nome que se lle ocurría rápidamente e xurdiron un montón de cousas: Josefino, Parlantín, Traviesín, Leterete, Tontereso, Grudu, Terolero, Regalete, Copo de Nieve, Jalja, Duendecín, Elfín, Rojín, Bailarín, Taburete, Cerocero... Hoxe realizamos a votación e gañou TABURETE. Xa puxemos a nosa proposta no blog da Biblioteca e agora temos que esperar a ver que nome é o gañador e despois, coas pistas, trataremos de averiguar onde está o elfo.

    Por certo, si alguén se sinte cunha carga creativa extra de Nadal, pode animarse a participar nun concurso de tarxetas de felicitación, que aparece na Web do centro,  organizado polo Equipo  de Normalización.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...